Saltar ao contido

Nea Salamis Famagusta F.C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nea Salamis
NomeNea Salamis Famagusta FC
Νέα Σαλαμίνα Αμμοχώστου
Fundación7 de marzo de 1948
(76 anos)
EstadioEstadio Ammochostos,
Larnaca, Chipre Chipre
Inauguración1992
Capacidade5.500
PresidenteChipre Andreas Paraskeva
AdestradorChipre Nicos Panayiotou
LigaPrimeira División
2022–238.º
Na rede
http://www.neasalamina.com/
Facebook: neasalamis1948 Twitter: neasalamis1948 Instagram: neasalamis_ammochostos_a.c Youtube: UCVq1OC3EzienvN0oD0mIwyw Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo

O Nea Salamis Famagusta ou Nea Salamina Famagusta (en grego: Νέα Σαλαμίνα Αμμοχώστου) é un equipo de fútbol profesional da cidade de Famagusta, en Chipre, sección do club de deportes do mesmo nome, fundado en 1948. Converteuse nun club de refuxiados despois da Invasión turca de Chipre de 1974, cando Turquía ocupou a parte norte da illa. O club ten temporalmente a súa sede en Larnaca e leva o nome da antiga cidade grega de Salamina (Σαλαμίς), preto da actual Famagusta.

Os seus éxitos máis destacables foron a consecución da Copa e da Supercopa de Chipre en 1990. Na liga a súa posición máis alta foi o terceiro posto. Durante os cinco primeiros anos (1948-1953), o equipo participou nos campionatos da Federación de Afeccionados de Fútbol do país. En 1953, o club uniuse á Asociación Chipriota de fútbol, participando regularmente en campionatos e competicións de copa. Xogou máis de 50 tempadas na liga chipriota de fútbol.

O equipo participou por primeira vez en competicións europeas en 1990 na Recopa de Europa de fútbol, e xogou a Copa Intertoto da UEFA nos anos 1995, 1997 e 2000.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Fútbol masculino

[editar | editar a fonte]
  • Copa de Chipre (1): 1990
  • Supercopa de Chipre (1): 1990
  • Segunda División de Chipre (4): 1955, 1980, 2002, 2004

Fútbol feminino

[editar | editar a fonte]
  • Supercopa de Chipre (1): 2007/08

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]