Saltar ao contido

Nova Siberia

Modelo:Xeografía físicaNova Siberia
(ru) Новая Сибирь
(sah) Саҥа Сибиир арыы Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Anzhu Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas de Nova Siberia Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaBulunsky District, Rusia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 75°05′14″N 148°27′30″L / 75.087222222222, 148.45833333333
Bañado porOcéano Ártico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude79 m Editar o valor en Wikidata
Superficie6.201 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de descuberta ou invención1806 Editar o valor en Wikidata

Nova Siberia (en ruso: Новая Сибирь; en ruso transliterado: Novaya Sibir) é unha illa localizada no ártico ruso, bañada polas augas do mar de Laptev.

Administrativamente, a illa, como o resto do arquipélago, pertence á República de Sakha (Yakutia) da Federación Rusa.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A illa de Nova Siberia é a máis oriental das illas Anzhu, o subgrupo norte das illas de Nova Siberia. A súa área, aproximadamente 6.200 km², sitúaa case entre as 100 illas illas máis grandes no mundo (a 102ª), sendo a 9ª de Rusia. A illa de Nova Siberia é de baixa altitude, chegando a só 76 metros, está cuberta por unha vexetación de tipo tundra e está totalmente deshabitada.

A illa máis próxima é a illa de Faddeyevsky, a uns 25 km en dirección oeste.

Yakov Sannikov foi o primeiro europeo do que se teñen noticias que puxo pé na illa de Nova Siberia en 1806. Descubriu a illa durante unha das varias expedicións de caza financiadas polos comerciantes, Semen e Lev Syrovatskiy.

Vexetación

[editar | editar a fonte]

Xuncos, herbas, e tundra de criptógamas cobren a illa de Nova Siberia. É unha tundra na súa maioría de pastos de moi baixo crecemento de xuncos, brións, líques e plantas hepáticas. Estas plantas, cobren, na súa maioría ou en parte, completamente a superficie do chan, xeralmente húmido, de gran fino e, a miúdo, montículado («Hummocky»).

Xeoloxía

[editar | editar a fonte]

A illa de Nova Siberia consiste nun rango de sedimentos clásticos que van de finais do Cretáceo ao Plistoceno. Os sedimentos do Cretáceo consisten en gran medida en capas encartadas de areas de toba volcánica grises e verdosas, cenos de toba, areas de coios, e capas de lignito expostas nos cantís mariños ao longo da costa suroeste. As areas e limos conteñen a miúdo tanto vidro volcánico, plantas fosilizadas, gravas miúdas de riolita, ou algunha combinación deles. A area do Eoceno, o limo, a arxila e o lignito, se superpoñen a unha non erosionada desconformidade cortada nos sedimentos do Cretáceo. Na parte noroeste da illa, estes sedimentos graduan en arxilas que conteñen fragmentos de bivalvos mariños. Directamente cubrindo os sedimentos do Eoceno e outras descontinuidades erosionadas, están as areas do Oligoceno e primeiro Mioceno. Conteñen delgados leitos de limo, barro, arxila e coios. Estas areas tamén conteñen fósiles de plantas e diatomeas pantanosas, lagunares e lacustres. Estas areas están cubertas por sedimentos do Plioceno que consisten en capas de area, limo, barro, turba, e coios. Salvo no caso da cordilleira Derevyannye, os sedimentos do Plistoceno cobren case a totalidade da superficie da illa. Estes depósitos constan de capas de sedimentos mariños cubertos por sedimentos terrestres. Os sedimentos mariños máis baixos componse de tres leitos superpostos de arxilas mariñas salgadas que conteñen fósiles de moluscos e tapados con turba. Os sedimentos terrestres que os cobren consisten nun complexo composto de xeo enriquecido con cienos aventados nas cuñas do xeo. Este complexo de xeo acumulado ao longo de decenas de miles de anos durante o Plistoceno superior, a través do Último Máximo Glacial, ata que se detivo a ao redor de 10.000 a. C.. Durante este período de decenas de miles de anos, a complexa formación de xeo, ten unha enorme cantidade de cabeiros e ósos de mamut e ósos doutra megafauna enterrados e preservados no permafrost. A illa de Nova Siberia caracterízase pola abundancia de troncos de árbores en posición vertical, paus, follas impresas, e outros restos vexetais que aparecen nos sedimentos expostos ao longo dos cantís mariños e nas terras altas da cordilleira Derevyannye ao longo da costa sur. Debido á abundancia destes paus e troncos verticais carbonizados, os primeiros exploradores e paleobotánicos referíronse á cordilleira Derevyannye, como as «Montañas de madeira», «outeiros de Madeira», ou a «montaña da árbore». Nun tempo, o altamente encartado de capas de area, limo, barro, arxila, e lignito que conteñen estes restos carbonizados de árbores fósiles críase que se acumulou durante o Mioceno ou Eoceno. Estes sedimentos e os fósiles de troncos e paus que conteñen, considéranse agora como do Turoniano do Cretáceo. O Barón Von Toll, ademais doutras publicacións, demostran todas que as suposicións dalgúns autores, de que a «madeira Hills» da illa de Nova Siberia estaba parcial ou completamente formada por restos de madeira á deriva («driftwood») eran completamente erróneas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]