O aquelarre (1823)
Aparencia
O aquelarre | |
---|---|
Artista | Francisco de Goya |
Data | 1819 - 1823 |
Técnica | óleo sobre lenzo |
Dimensións | 140 cm × 438 cm |
Localización | Museo do Prado (Madrid) |
O aquelarre ou O gran Cabrón[1] é unha das pinturas ó óleo sobre lenzo que conforman as chamadas Pinturas negras coa que Francisco de Goya decorou os muros da súa casa da Quinta del Sordo. A serie foi pintada entre 1819 e 1823.
Esta obra, xunto co resto das Pinturas negras, foi trasladada de revoco a lenzo, a partir de 1874 por Salvador Martínez Cubells, por encargo do barón Émile d'Erlanger,[2] un banqueiro francés, de orixe alemá, que tiña intención de vendelas na Exposición Universal de París de 1878. Porén, as obras non espertaron a atención de compradores e doounas el mesmo, en 1881, ó Museo do Prado, onde actualmente se expoñen.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Foron variadas as propostas de título para esta pintura. A máis temperá, O gran Cabrón, débese ó inventario que Antonio de Brugada realizou trala morte de Goya. Outras variadas propostas para o título foron postuladas pola crítica, sendo a preferida a de El Aquelarre, do Conde de la Viñaza.Museo del Prado, serie didáctica en línea «Mirar un cuadro»: El Aquelarre.
- ↑ Cfr. Valeriano Bozal (2005), vol. 2, páx. 247: Valeriano Bozal, Francisco Goya, vida y obra, (2 vols.) Madrid, Tf. Editores, 2005, vol. 2, páx. 247, ISBN 84-96209-39-3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- BOZAL, Valeriano, Francisco Goya, vida y obra, (2 vols.) Madrid, Tf. Editores, 2005. ISBN 84-96209-39-3.
- GLENDINNING, Nigel, Francisco de Goya, Madrid, Cuadernos de Historia 16 (col. «El arte y sus creadores», nº 30), 1993, páx. 145.