O gato na cultura popular galega
Aparencia
A seguir recóllese a pegada do gato na cultura popular galega a través das crenzas, refráns, cantigas, etc. recollidas de enciclopedias, vocabularios, refraneiros e outra bibliografía de ámbito xeral ou localizado.
Crenzas e supersiticións
[editar | editar a fonte]É común a crenza de que dá mala sorte que un gato negro se cruce diante nosa pero, pola contra, criar un gato negro na casa trae boa sorte [1]; en Cambados engaden que, para ben ser, o tal gato debe ser regalado [2].
Para curar o mal de aire din que é bo afumar o paciente con romeu, oliveira e loureiro, ademais dunha pluma de galiña e pelos de gato [3].
Locucións
[editar | editar a fonte]- Acedo como o rabo dun gato: dise do alimento que se avinagra [4].
- Andar á xaneira, andar de xaneira/ xaneiro: estar unha gata en celo [5]. Por extensión, dise dos mozos que andan pola noite buscando aventuras amorosas, como os gatos en celo.
- Andar ás celeiras coma as gatas xaneiras.
- Andar como os gatos en xaneiro.
- Coma cans e gatos: ver levarse coma o can e o gato.
- Levarse como o can e o gato: estar rifando permanentemente, levarse mal con outro [6].
- Ser á boa fe, coma os gatos pequenos: non ter mala intención [7].
Refraneiro
[editar | editar a fonte]- A muller que non sabe cociñar, é coma gata que non sabe ratear [8].
- Aí vén febreiro cos seus vinteoito: si tivera máis catro non deixaba can nin gato.
- Cara de beato, e unllas de gato [9].
- Chuvia en maio, a mexadiña dun gato [10].
- Chuvia en marzo, como a mexeira dun gato [11].
- Chuvia en marzo, nin a mexadura dun gato [10].
- Chuvia en marzo, nin o mexo dun gato [12].
- Coa axuda dos veciños, sóbense os gatos os touciños [13].
- Dixo no monte unha vella: "Vaite febreiriño corto cos teus días vinteoito, que si tiveras máis catro non quedaba can nin gato". Febreiriño contestou: "Os teus becerriños oito, deixa que meu irmán marzo hachos de volver en catro".
- En marzo auga que non molle o rabo do gato [12].
- En marzo nin o rabo do gato mollado [12].
- Febreiriño corto, cos seus días vinteoito; se duras máis catro, non queda can nin gato, nin ratiño no burato, nin ovella rabela, nin pastor pra ir co ela, nin cornos no carneiro, nin orellas ó pregoeiro.
- Febreiriño corto, cos teus días vinteoito, si duraras máis catro, non paraba can nin gato [14].
- Febreiriño curto, cos seus días vinteoito, se duraras máis catro non deixabas can nin gato.
- Febreriño curto, cos teus días vinteoito, se tuveras outros catro, non quedaba can nin gato, nin orellas ó pigureiro, nin can tras do palleiro [15].
- Febreiro corto, cos seus días vinteoito, se durara máis catro, non quedaba can nin gato, nin rato no seu burato [16].
- Febreiro curto, cos teus días vinteoito, se duraras máis catro, non quedaba can nin gato. Pois deixa, que agora vén meu irmau abril que che ha de matar o porco dun ano no cubil [4].
- Fillo de gata, ratos mata [17].
- Gato do mes de xaneiro vale un carneiro.
- Gato escaldado da auga fría fuge [18].
- Maio tolo, nin bo gato nin bo polo.
- Máis val ser cabeza de rato, que rabo de gato [19].
- Marzo, marzaco, cabeza de gato, de oito bois que tiña deixáchesme catro.
- Marzo, nin rabo de gato mollado.
- Nin mozo dormidor, nin gato maiador [20].
- Nin mozo farrento, nin gato cincento [20].
- No Camiño francés venden gato por res [21].
- O can i o gato comen o mal gardado [22].
- O fillo do gato mata ó rato [17].
- Ó probe, a muller e a gata; ó rico, a pocha e a vaca [23].
- Polo rabo da culler entra o gato na ola [24].
- Polo rabo da culler sobe o gato a ola [25].
- Polo rabo da culler vai o gato á ola [26].
- San Adrián, nin bo gato nin bo can [27].
- Santo San Xoán de Arruxo/ déalle salú ó raposo/ os gatos de Maldonado/ rabuñáronlle o pescozo [28].
- Sardiña que leva o gato, tarde o nunca volve ó prato [29].
- Sardiña que o gato leva, ben lambidiña vai [29].
- Sardiña que o gato leva, perdida está [29].
- Sogra e nora, can e gato, non comen no mesmo prato [30].
- Un ollo ó prato, e outro ó gato [31].
- Vaite febreiriño corto, cos teus días vinteoito, que se tiveras máis catro non quedaba can nin gato.
- Vaite febreiro cos teus vinteoito que se duras máis catro non queda can nin gato.
- Vaite febreiro cos teus vinteoito que se duras máis catro non queda can nin gato. Deixa que aí vén meu irmán marzo que vos ha de poñe-los cornos no regazo.
- Vaite febreiro cos teus vinteoito, que si duras máis catro non queda can nin gato. Deixa que aí vén meu irmán marzo que vos ha de poñe-los cornos no regazo.
Cantigueiro
[editar | editar a fonte]- Á porta de cas te mordan,/ malos gatos te rabuñen,/ que veña un boi que te escorne/ i a morte que te apatule [32].
- Ai, miña nai, que caldo me ten./ Ai, miña filla, sábeche ben;/ verciñas poucas, fabiñas catro,/ carniña tanta coma a lengoa dun gato [33].
- As garelas [34] de Betanzos/ cando van para o muíño/ levan un gato esfolado/ para comer no camiño.
- Cálate, vaite calando,/ cara de caracandil,/ ollos de gato raxado,/ fuciños de tamboril [35].
- Cantiguiña que eu dixer/ non a tornes a decer,/ que teño un gato esfolado/ para che dar a comer [36].
- Chamáchesme ollos rasgados, tamén os meu noivo os ten/ e non los fumos roubar/ ao gatiño de ninguién [37].
- De ise lado do río/ anda un gato dando voces/ que lle cortaron o rabo/ para bigotes dos homes [38]
- Eu subín por unha viña/ e baixei por un chantón./ Quen che ha de querer a ti/ cara de gato ladrón [39].
- Manoel, Manoeliño/pernas de gato monteiro/pensas enganar as nenas/engánast'a ti primeiro [40].
- Manuel, caga mel, / I as abellas c... para el / A gata c... nata / i o Manuel todo lapa.
- Miña nai pariume ó lume/ por baixo dunha tixela/ e veu o gato e levoume/ pensando que era vitela [41].
- Miña nai, cando peneira,/ báteme cunha variña;/ dime que fuxa dos homes/ coma o gato da sardiña [42].
- Pensas que te quero moito/ trapo de tódalas rollas;/ tanta ansia teño por ti/ como o gato por cebolas [43].
- Sardiña que o gato leva,/ aquela galdida vai;/ heite de sacar, meniña,/ dos brazos da túa nai [44].
- Sardiña que o gato leva,/ aquela gandida vai;/ heite de sacar, meniña,/ do poder da túa nai [45].
- Se tu viras o que eu vin/ na feira dos maragatos:/ vintecatro cabaleiros/ dacabalo de dous gatos [46].
- Se vírades o que eu vin/ fuxírades como eu fixín:/ un gato nunha ventana/ tocando nun violín [47].
- Voulles contar a vostedes/ o que enganan as mulleres,/ que ó probe do Farruquiño/ déronlles gatos por lebres [48].
Adiviñas
[editar | editar a fonte]- Fun á romaría de san Benitiño,/a un pai e sete fillas crucei no camiño,/cada filla levaba sete sacas,/en cada saca ían sete gatas/e en cada gata sete gatiños./Gatiños, gatas, sacas,/homes e mulleres no camiño,/¿cantos ían ó san Benitiño? [49].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. negro.
- ↑ Adela Leiro, 120.
- ↑ Mariño Ferro (1985), 227.
- ↑ 4,0 4,1 Elixio Rivas Quintas (1978).
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. xaneira.
- ↑ Real Academia Galega 1913, s. v. can.
- ↑ Victoria Cerviño Ferrín 2013.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. muller.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. cara.
- ↑ 10,0 10,1 Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.
- ↑ Rosario Soto Arias 2013.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 Eladio Rodríguez González, s. v. marzo.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. touciño.
- ↑ Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: mais.
- ↑ Elixio Rivas Quintas (1978). No orixinal: ghato, pighureiro.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro. No orixinal: corzo, sic por corto.
- ↑ 17,0 17,1 Eladio Rodríguez González, s. v. fillo.
- ↑ Real Academia Galega 1913, s. v. auga.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. cabeza.
- ↑ 20,0 20,1 Eladio Rodríguez González, s. v. mozo.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. camiño.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. can.
- ↑ Sobreenténdese que unhas paren ó pobre e outras ó rico.
- ↑ Juan Sobreira Salgado: "Papeletas.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. rabo.
- ↑ José María Pereda Álvarez (1953).
- ↑ San Adrián mártir celébrase o 4 de setembro, pero en Galicia tamén se celebra este santo en marzo, en xuño e en agosto.
- ↑ José Crespo Pozo I:199,23. No orixinal: d'Arruxo, rabuñáronll'o pescozo.
- ↑ 29,0 29,1 29,2 Lino Lema Bouzas, 9.
- ↑ Miguel Rubinos Conde 2013.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. ollo.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 43.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 33. No orixinal: berciñas, de un gato.
- ↑ Aplícase o alcume de garelas ás mozas desvergonzadas e atrevidas, pero tamén ás naturais de Betanzos, en xeral.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 55.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 59. No orixinal: nona.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 62.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 67.
- ↑ Chantón é o pé de pedra que levanta a viña. Fermín Bouza Brey 1929, 188. No orixinal: tí.
- ↑ José Pérez Ballesteros II:60,39.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 100. No orixinal: de unha. Vitela é tanto a becerra como a carne que se saca dela.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 98.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 133.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 142.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 267. Recollida na comarca do Ulla.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 147. No orixinal: vín.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 148. No orixinal: virades, vin, fuxirades.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 163. Semella a introdución dun cantar máis longo.
- ↑ Gárfer e Fernández, 245; a solución: eu só. No orixinal: romería, crucéi, iban, i, cántos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas, México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008.
- BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
- Mª Victoria Cerviño Ferrín: "Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 2", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 441-462.
- GÁRFER, J.L. e FERNÁNDEZ, C.: Adivinancero popular gallego. Taurus Ed., Madrid 1984.
- LEIRO LOIS, Adela (dir.): Cambados: a tradición oral. Colexio Público Castrelo. Cambados 1986.* FERRO RUIBAL, Xesús (dir.) e outros: Diccionario dos nomes galegos, Ir Indo, Vigo 1992.
- LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.
- LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.
- MARIÑO FERRO, Xosé Ramón: La medicina popular interpretada I. Xerais, Vigo 1985.
- REAL ACADEMIA GALEGA: Diccionario gallego-castellano, 1913-1928.
- RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas, contribución al diccionario gallego, CEME, Salamanca 1978.
- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.
- RUBINOS CONDE, Miguel: "Da roda para a piola: refráns e frases do sur de Galicia", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 487-502.
- SOBREIRA, Juan: Papeletas de un diccionario gallego (1792-1797), ed. de J. L. Pensado Tomé, Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979.
- SOTO ARIAS, Mª Rosario: "Notas para un estudo dos refráns haxiocronolóxicos", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 347-370.