Saltar ao contido

Official Secrets

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Official Secrets
Ficha técnica
Título orixinalOfficial Secrets
DirectorGavin Hood
ProdutorGed Doherty, Elizabeth Fowler, Melissa Shiyu Zuo
GuiónGregory Bernstein, Sara Bernstein, Gavin Hood
Baseado en"The Spy Who Tried to Stop a War" (Marcia & Thomas Mitchell)
IntérpretesKeira Knightley
Matt Smith
Matthew Goode
Adam Bakri
Ralph Fiennes
MúsicaPaul Hepker, Mark Kilian
FotografíaFlorian Hoffmeister
MontaxeRichard Halsey
Scott Conrad
EstudioClear Pictures Entertainment,
Raindog Films,
Screen Yorkshire
DistribuidoraEntertainment One (Reino Unido),
IFC Films (Estados Unidos)
Duración112 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos,
Reino Unido Reino Unido
XéneroDrama,Baseado en feitos reaisi, Espionaxe, Política, Guerra de Irak.
Recadación$9 473 603
Na rede
https://www.officialsecretsfilm.co.uk/
IMDB: tt5431890 Filmaffinity: 625997 Allocine: 244743 Rottentomatoes: m/official_secrets Allmovie: v651637 Metacritic: movie/official-secrets
Twitter: OSFilmUK Netlix: 81052553 Editar o valor en Wikidata

Official Secrets é un filme británico-americano de 2019, con forma de docudrama, baseado na historia real de Katharine Gun, unha traductora que traballaba nunha unidade de vixilancia de comunicacións, GCHQ (Government Communications Headquarters; en galego, Cuartel Xeral de Comunicacións do Goberno), en Cheltenham, para o servizo de seguridade británico. Ela filtrou á prensa un memorando secreto expoñendo unha operación de espionaxe ilegal na que unha axencia estatal dos Estados Unidos, a NSA, pedía a colaboración do goberno británico, a través do GCHQ, para conseguir información coa que poder comprometer ou influír a diplomáticos de varios países das Nacións Unidas para que apoiasen a postura estadounidense a prol da guerra e invasión de Iraq, durante unha votación dunha resolución en 2003.[1][2]

O filme foi dirixido por Gavin Hood, e a protagonista, Katharine Gun, foi representada por Keira Knightley. Tamén participaron na película, Matt Smith, Matthew Goode, Adam Bakri, Indira Varma, e Ralph Fiennes.

O filme estreouse por primeira vez no Festival de cinema de Sundance en 2019.

En 2003, Estados Unidos e máis Gran Bretaña estanse a preparar para intervir en Iraq porque a administración Bush pretende, sen probas evidentes, que Saddam Hussein posúe armas de destrución masiva. Unha traballadora na sede do Servizo de Comunicacións do Goberno (GCHQ), Katharine Gun, recibe no seu correo electrónico un memorando secreto no que a NSA dos Estados Unidos solicita a axuda de Gran Bretaña para realizar escoitas ilegais e recompilar información comprometedora sobre certos delegados do Consello de Seguridade da ONU para chantaxealos e obligalos a votar a prol da invasión. Sorprendida e indignada, por mor das declaracións de diferentes membros do goberno británico dubidan en revelar o complot vencellado a esa intervención ilegal.

O coñecemento do documento e as previsibles consecuencias lévana a un grave conflito de conciencia. Ao ser contratada, tivo que asinar a Lei de Segredos Oficiais, polo que non podía revelar ningunha información oficial. Porén, entendendo que o goberno está a enganar á cidadanía, decide filtrar o documento para que a prensa investigue e o faga público, nun intento de evitar unha guerra inútil e de consecuencias desastrosas. O documento acaba chegando a Martin Bright, un periodista de The Observer que pretende publicalo pero o editor ten dúbidas sobre a autenticidade, lembrando o que sucedera cos Diarios de Hitler.

Finalmente, publícase o documento que se converte e noticia de protada en todo o mundo. Os membros do Consello de Seguridade da ONU están indignados e semella que a resolución estadounidense pode ser rexeitada. O periodista recibe solicitudes de entrevistas por parte de tódolos medios importantes de diferentes países pero, aos poucos, son anuladas pola declaración dos servizos de información da Casa Branca de que o documento é unha falsificación pois hai dúbidas sobre a ortografía do documento ao estar escrito en inglés de Inglaterra e non no dos Estados Unidos.

Un dos escenarios da película: o Tribunal nº1 de St. George's Hall, de Liverpool.

A seguir, tódolos empregados do GCHQ están baixo sospeita e serán interrogados un tras outro por Scotland Yard. Katharine non pode soporta-la presión e confesa que ela filtrou o documento. É arrestada e encarcerada e, posteriormente, queda en liberdade vixiada durante as 24 horas. O seu marido, un kurdo de Turquía, que está en proceso de pedi-la residencia, foi detido e a piques de ser deportado. A avogada de oficio de Katherine, aconséllaa que se poña en contacto cunha ONG que defende os dereitos civís e enta en contacto co aogado Ben Emmerson. Este acepta o caso, aínda que, nun principio, ve poucas posibilidades de absolución. O proceso prolongouse durante máis dun ano e adoptaron a estratexia de obrigar ao goberno británico a entregar certos documentos que revelaban a súa actuación de seguimento da postura estadounidense. Finalmente, os fiscais para non ter que entregalos, o que consegue que Katharine consiga a liberdade.

Na película, empréganse imaxes con declaracións orixinais de George W. Bush, Tony Blair e un voceiro da Casa Branca, transmitidas pola televisións. O filme remata coas imaxes orixinais de cando Katharine Gun sae do xulgado trala sorprendente absolución, e declara perante os micrófonos da prensa que volvería face-lo mesmo de verse na mesma situación.

Produción

[editar | editar a fonte]

Sara e Gregory Bernstein escribiran o guión xa en 2008. Durante un tempo permaneceu na denominada "Lista Negra", unha lista de guións máis destacados ou máis desexados pero que aínda non tiñan produción, até que o director Debs Paterson o viu. Aínda non saíra da lista en xaneiro de 2016, cando se anunciara o comezo da rodaxe en maio con Harrison Ford, Anthony Hopkins, Paul Bettany, Natalie Dormer e Martin Freeman, como actores.[3] No Festival Internacional de cinema de Berlín de 2016, tamén se anunciara a incorporación de Tahar Rahim e Gillian Anderson.[4][5] Con todo, en xuño de 2017, a rodaxe aínda non comezara e un membro do elenco, Gillian Anderson, declaraba que non se oía nada sobre o proxecto para o que fora elixida.[6]

En xaneiro de 2018, o proxecto foi remodelado, de novo, con Gavin Hood como director, substituíndo a Justin Chadwick, quen escolleu a Keira Knightley e Matt Smith en lugar dos protagonistas iniciais En marzo, Ralph Fiennes e Matthew Goode se uniron ao elenco, e, a filamción, comezou o 12 de marzo de 2018 en Yorkshire.[7][8][9][10] A rodaxe levouse a cabo na vila de Boston Spa o día 14,[11] e Indira Varma, Conleth Monte e Tamsin Greig se uniron ao elenco o día seguinte.[12] A rodaxe continuou en Manchester, o 19 de marzo, servindo como recreación de Londres;[13] e no mes de abril trasladouse ao St George's Hall de Liverpool[14]

A estrea mundial foi no Festival de cinema de Sundance, o 28 de xaneiro de 2019.[15] Pouco despois, IFC Films, adquiriron os dereitos de distribución para os Estados Unidos[16] onde se estreou comercialmente o 30 de agosto de 2019,[17] aínda que a idea inicial era facelo o día 23.[18] E no Reino Unido, estreouse o 18 de outubro de 2019[19] por Entertainment One.

Obtivo unha recadación de case 9, 5 millóns de dólares.[20][21]

Recepción

[editar | editar a fonte]

Na web especializada Rotten Tomates, o filme conseguiu un índice de aprobación do 83% baseado en 159 análises, cunha media ponderada de 6,89/10. O consenso de críticos do sitio afirma que: "Official Secrets ten unha estrutura familiar e unha mensaxe digna evidente pero que aumenta o seu impacto polo interpretación poderosa de Keira Knightley".[22]

Nun artigo sobre o filme e Katherine Gun, Sam Husseini escribiu: "despois de ter seguido esta historia dende o principio, coido que esta película é, segundo os estándares de Hollywood, un relato notablemente preciso do que sucedeu até a data porque a historia máis ampla aínda non rematou".[23]

  1. Redacción (2 de marzo de 2003). "US plan to bug Security Council: the text". theguardian.com (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2020. 
  2. Redacción (22 de novembro de 2003). "Ex-GCHQ officer 'preventing war'". news.bbc.co.uk (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2020. 
  3. McNary, Dave (28 de xaneiro de 2016). "Harrison Ford, Anthony Hopkins to Star in Thriller ‘Official Secrets’". variety.com (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2020. 
  4. McNary, Dave (12 de febreiro de 2016). "Berlin: ‘A Prophet’ Star Tahar Rahim Joins Harrison Ford in ‘Official Secrets’ (EXCLUSIVE)". variety.com (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2020. 
  5. McNary, Dave (13 de febreiro de 2016). "Berlin: Gillian Anderson Joining Harrison Ford in ‘Official Secrets’ (EXCLUSIVE)". variety.com (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2020. 
  6. Pape, Stefan (1 de marzo de 2017). "“Things haven’t changed” – Gillian Anderson on the relevance of Viceroy’s House". heyuguys.com (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2020. 
  7. Cook, Laurence (16 de xaneiro de 2016). "U.K. Greenlit: “Official Secrets,” “Mrs. Lowry and Son,” BBC’s “Les Miserables,” + More Start Shooting by Next Month, Need Talent". backstage.com (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2020. 
  8. Galuppo, Mia (2 de febreiro de 2018). "Keira Knightley, Matt Smith to Star in Real-Life Spy Thriller 'Official Secrets'". hollywoodreporter.com (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2020. 
  9. Kay, Jeremy (12 de febreiro de 2018). "Keira Knightley, Matt Smith to star in 'Official Secrets' (exclusive)". screendaily.com (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2020. 
  10. Kroll, Justin (8 de marzo de 2018). "Ralph Fiennes and Matthew Goode Join Keira Knightley Thriller ‘Official Secrets’ (EXCLUSIVE)". variety.com (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2020. 
  11. The Newsroom (14 de marzo de 2018). "Keira Knightley, Ralph Fiennes and Matt Smith film new movie in village near Leeds". yorkshirepost.co.uk (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2020. 
  12. "‘Game Of Thrones’ Indira Varma & Conleth Hill Join Gavin Hood’s ‘Official Secrets’". deadline.com (en inglés). 15 de marzo de 2018. Consultado o 4 de setembro de 2020. 
  13. Bardsley, Andrew (18 de marzo de 2018). "Manchester transformed into London as Keira Knightley arrives in town for new film". manchestereveningnews.co.uk (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2020. 
  14. Houghton, Alistair (28 de abril de 2018). "Revealed: Why Keira Knightley was spotted in Liverpool". liverpoolecho.co.uk (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2020. 
  15. Patten, Dominic (28 de novembro de 2018). "Sundance 2019: Premieres Include Harvey Weinstein Docu, Mindy Kaling, Dr. Ruth, UK Spies, Miles Davis & Ted Bundy". deadline.com (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2020. 
  16. Siegel, Tatiana (2 de febreiro de 2019). "Sundance: Keira Knightley Whistleblower Drama 'Official Secrets' Acquired by IFC Films". hollywoodreporter.com (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2020. 
  17. "Official Secrets". ifcfilms.com (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2020. 
  18. Pedersen, Erik (2 de abril de 2019). "‘Official Secrets’: Keira Knightley-Ralph Fiennes Whistleblower Thriller Gets Release Date Via IFC Films". deadline.com. Consultado o 4 de setembro de 2020. 
  19. "Official Secrets: Keira Knightley stars in story of Iraq war whistleblower – trailer". theguardian.com (en inglés). 12 de xuño de 2019. Consultado o 4 de setembro de 2020. 
  20. Redacción. "Official Secrets". boxofficemojo (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2020. 
  21. Redacción. "Official Secrets (2019)". The Numbers (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2020. 
  22. "OFFICIAL SECRETS". rottentomatoes.com (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2020. 
  23. Houseini, Sam (30 de agosto de 2019). "Film Official Secrets Is Tip of Mammoth Iceberg". fair.org (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]