Saltar ao contido

Oleoduto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oleoduto en Alasca, nos Estados Unidos de América.
Oleoduto Trans-Alaska.

Un oleoduto é un tipo de transporte por canalización[1][2] que consiste nun sistema de estruturas e tubaxes usadas para o transporte de petróleo e os seus derivados a grandes distancias. Cando se trata do transporte de gas natural, tamén derivado do petróleo, as tubaxes denomínanse gasodutos. As pioneiras no transporte de combustibles por medio de oleodutos foron as compañías de Vladímir Shújov e Branobel a finais do século XIX.

Os líquidos e os gases transpórtanse en canalizacións, e calquera substancia químicamente estable pódese enviar a través dunha canalización[3]. O petróleo é movido a través dos oleodutos mediante estacións de bombeo ao longo do oleoduto.

Construción

[editar | editar a fonte]

Os oleodutos son o xeito máis económico de transportar grandes cantidades de petróleo por terra. En comparanza co ferrocarril, teñen un custo menor por unidade e tamén maior capacidade. Aínda que é posíbel construír oleodutos baixo o mar, o proceso é moi custoso tanto dende o punto de vista tecnolóxico como económico. Debido a isto, a meirande parte do transporte marítimo faise en petroleiros.

Os oleodutos fanse de tubaxes de aceiro ou de plástico cun diámetro interno de entre 30 e 120 centímetros. Onde é posíbel, constrúense na superficie, agás en áreas poboadas ou espazos naturais sensíbeis, nos que se prefire soterralos.

Construcións similares

[editar | editar a fonte]

Outro tipo de transporte de canalización similar aos oleodutos son os gasodutos. O gas natural (e os combustibles gaseosos similares) son presurizados en líquidos coñecidos como líquidos de gas natural (NGL). Os gasodutos de gas natural están construídos con aceiro ao carbono.

  1. "Pipeline101 - What-Do-Pipelines-Transport". web.archive.org. 2015-02-11. Archived from the original on 11 de febreiro de 2015. Consultado o 2022-07-07. 
  2. "The World Factbook — Central Intelligence Agency". web.archive.org. 2016-08-21. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2016. Consultado o 2022-07-07. 
  3. "Pipeline101 - What-Do-Pipelines-Transport". web.archive.org. 2015-02-11. Archived from the original on 11 de febreiro de 2015. Consultado o 2022-07-07. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]