Olympiacos F.C.
Olympiacos | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Ολυμπιακός Σύνδεσμος Φιλάθλων Πειραιώς | |||
Alcume(s) | A lenda | |||
Fundación | 1925 | |||
Estadio | Karaiskakis, O Pireo, Grecia | |||
Inauguración | 1895 | |||
Capacidade | 33.334 | |||
Propietario | Evangelos Marinakis | |||
Presidente | Evangelos Marinakis | |||
Adestrador | José Luis Mendilibar | |||
Liga | Super Liga de Grecia | |||
2021–22 | 1.º | |||
Na rede | ||||
http://www.olympiacos.org/ | ||||
| ||||
O Olympiacos Fútbol Club (en grego: Oλυμπιακός Σύνδεσμος Φιλάθλων Πειραιώς, transliterado "Olympiacos Syndesmos Filathlon Pireos", Olympiacos Club de Fans do Pireo), tamén coñecido como Olympiacos FC (grego: ΠΑΕ Ολυμπιακός) Olympiacos do Pireo, ou simplemente Olympiacos, ás veces escrito Olympiakos, é un club de fútbol grego que forma parte da sociedade polideportiva Olympiakos CFP, con sede no Pireo, Ática.
O Olympiacos está considerado como un dos tres grandes clubs de fútbol de Grecia, xunto ao Panathinaikos e ao AEK Atenas, e é un dos únicos catro equipos que nunca foron relegados da Primeira División. É, ademais, o club máis exitoso na historia do fútbol heleno, gañando 47 títulos de Liga, 28 Copas e 4 Supercopas, máis títulos que ningún outro equipo grego. Nas competicións europeas alcanzou os cuartos de final en dúas ocasións: na Liga de Campións 1998–99 e na Recopa de Europa 1992–93. O Olympiakos é tamén un dos membros fundadores da Asociación Europea de Clubs.
Uniforme
[editar | editar a fonte]O equipamento tradicional do Olympiacos é camiseta de raias vermellas e brancas e pantalón vermello. A continuación amósase un resumo dos equipamentos do club ao longo da súa historia, cos cambios máis significativos.
1971
|
1978
|
1979
|
1985
|
2008
|
Xogadores
[editar | editar a fonte]- Categoría principal: Xogadores do Olympiakos FC.
Cadro actual
[editar | editar a fonte]- Datos do 8 de setembro de 2014.
|
|
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Super Liga de Grecia (47): 1930–31, 1932–33, 1933–34, 1935–36, 1936–37, 1937–38, 1946–47, 1947–48, 1950–51, 1953–54, 1954–55, 1955–56, 1956–57, 1957–58, 1958–59, 1965–66, 1966–67, 1972–73, 1973–74, 1974–75, 1979–80, 1980–81, 1981–82, 1982–83, 1986–87, 1996–97, 1997–98, 1998–99, 1999–00, 2000–01, 2001–02, 2002–03, 2004–05, 2005–06, 2006–07, 2007–08, 2008–09, 2010–11, 2011–12, 2012–13, 2013–14, 2014–15, 2015–16, 2016–17, 2019/20, 2020/21, 2021/22
- Copa de Grecia (28): 1946–47, 1950–51, 1951–52, 1952–53, 1953–54, 1956–57, 1957–58, 1958–59, 1959–60, 1960–61, 1962–63, 1964–65, 1967–68, 1970–71, 1972–73, 1974–75, 1980–81, 1989–90, 1991–92, 1998–99, 2004–05, 2005–06, 2007–08, 2008–09, 2011–12, 2012–13, 2014–15, 2019–20
- Supercopa de Grecia (4): 1980, 1987, 1992, 2007