OwnCloud
OwnCloud | |
---|---|
OwnCloud 7 Interface web. | |
Desenvolvedor(es) | OwnCloud Inc. |
Última versión | 10.3.2 (04 de decembro de 2019) |
Repositorio | github |
Sistema operativo | Servidor: Linux Clientes: Windows, macOS, Linux, Android, iOS |
Lingua/s | Varias Galego: |
Tipo | Cloud Computing |
Licenza | AGPLv3 |
Sitio web | owncloud |
OwnCloud é unha aplicación de software libre do tipo servizo de aloxamento de arquivos, que permite o almacenamento en liña e aplicacións en liña (cloud computing). OwnCloud pode ser instalado dentro dun servidor que dispoña dunha versión recente de PHP (maior ou igual a 5.3) e soporte de SQLite (base de datos por defecto), MySQL ou PostgreSQL.
O proxecto foi lanzado en xaneiro do 2010 por Frank Karlitschek, un desenvolvedor do proxecto KDE, co obxectivo de dar aos usuarios o control dos seus datos na nube.[1] OwnCloud formou parte da comunidade KDE pero logo independizouse.[2]
O 13 de decembro de 2011 creouse unha entidade comercial fundada baixo o proxecto OwnCloud.[3] Esa sociedade é unha alternativa ás solucións propostas por Dropbox ou Box.net, poñendo moita énfase na flexibilidade e na seguridade. OwnCloud é unha alternativa libre ás solucións privadas presentes no mercado.
Deseño
[editar | editar a fonte]Co fin de que as máquinas de escritorio poidan sincronizar os arquivos co seu servidor OwnCloud, os clientes de escritorio están dispoñibles para PC que funcionen en Windows, macOS, FreeBSD ou Linux. Existen clientes móbiles para iOS, Android e Windows Phone. Tamén se pode acceder aos arquivos e a outros datos (como calendarios, contactos ou favoritos) a través dun navegador web sen necesidade de ningún software adicional. As actualizacións dos arquivos envíanse a todos os ordenadores ou dispositivos móbiles conectados á conta dun usuario.
O servidor OwnCloud está escrito nas linguaxes de script PHP e JavaScript. Para o acceso remoto emprega sable/DAV, unha implementación de código aberto dun servidor WebDAV. OwnCloud está deseñado para traballar con varios sistemas de xestión de bases de datos, entre eles SQLite, MariaDB, MySQL, Oracle Database e PostgreSQL.
Funcionalidades
[editar | editar a fonte]- Almacenamiento de arquivos en directorios convencionais a través de WebDAV.
- Cifrado dos arquiivos de usuario.
- Sincronización dos clientes que executan Windows (Windows XP, Windows Vista, Windows 7, Windows 8/81 e Windows 10), macOS ou Linux.
- Calendario (CalDAV).
- Horario de tarefas.
- Caderno de enderezos (CardDAV).
- Streaming de música (Ampache).
- Usuario e administración de grupo (a través de OpenID ou LDAP).
- Intercambio de contidos a través de grupos ou enderezos URL públicos.
- Editor de texto en liña con resaltado de sintaxe e pregado de código.
- Marcadores.
- Acurtamento de URL.
- Galería de fotos.
- Visor de vídeo.
- PDF Viewer (usando pdf.js)
- Visor de arquivos ODF (.odt, .odp, .ods).
- Mozilla Sync Hosting. Os usuarios de Mozilla Firefox poden sincronizar historiais, datos dos formulario, marcadores, etc., e almacenalos no servidor OwnCloud.
- RSS/Atom lector de feeds.
- Conexión con almacenamentos externos (se se dispón de contas en Dropbox, GoogleDrive ou Amazon S3, pódense montar os almacenamentos na instalación OwnCloud).
- Personalizable, podendo instalar engadidos cun so clic.
- Inicio de sesión do módulo: admite o rexistro das accións relacionadas con arquivos e rexistros (acceso a que, cando e desde onde; só dispoñible en OwnCloud Buniness, Enterprise ou Education).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2014. Consultado o 14 de decembro de 2016.
- ↑ https://mail.kde.org/mailman/listinfo/owncloud
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2013. Consultado o 11 de setembro de 2015.