Palacio Euskalduna
Palacio Euskalduna | |
---|---|
Palacio Euskalduna | |
Coordenadas | 43°16′01″N 2°56′41″O / 43.26694444, -2.94472222 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Palacio Euskalduna de Congresos e da Música (en éuscaro: Euskalduna Jauregia), máis coñecido como Palacio Euskalduna, é un centro de convencións e de espectáculos situado na cidade de Bilbao, no País Vasco.
Foi inaugurado o 19 de febreiro de 1999. Os seus arquitectos son Federico Soriano e Dolores Palacios. Ten espazos para espectáculos escénicos e para a celebración de reunións e demais actos do mundo empresarial. É tamén sede da histórica Bilbao Orkestra Sinfonikoa. Ademais, dentro do edificio, na terceira planta atópase o famoso restaurante Etxanobe, dirixido por Fernando Canales, cociñeiro vasco que conta cunha estrela Michelin.
Sitúase xunto á ría de Bilbao, ocupando parte dos terreos sobre os que se levantaron os Estaleiros Euskalduna.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palacio Euskalduna |