Pallacanestro Trieste
Pallacanestro Trieste | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | LBA |
Fundación | 1975 |
Historia | Pallacanestro Trieste (1975–2004) |
Cores | Branco, vermello |
Presidente | Mario Ghiacci |
Adestrador | Franco Ciani |
Localización | |
Cidade | Trieste, Italia |
Pavillón | Allianz Dome |
Capacidade | 6 943 |
Inauguración | 1999 |
Campionatos | |
Liga | 5 (1930, 1932, 1934, 1940, 1941) |
Serie A2 | 1 (2018) |
pallacanestrotrieste.it |
O Pallacanestro Trieste 2004 é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Trieste, Friúl-Venecia Xulia. Fundado en 1975, actualmente compite na Lega Basket Serie A, máxima competición do baloncesto transalpino. O seu maior éxito a nivel deportivo foron so cinco títulos de liga conseguidos durante as décadas de 1930 e 1940. O seu pavillón é o PalaTrieste, coñecido por motivos de patrocinio como Allianz Dome, un recinto con capacidade para 6 943 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]O club ten as súas orixes na Società Ginnastica Triestina, un club polideportivo fundado en 1863.[1] Este non era o único equipo de baloncesto da cidade que competiu na Serie A, máxima categoría do baloncesto italiano, xa que tamén estiveron o Lega Nazionale Trieste (1949-1951), o San Giusto Trieste (1948-1949) e o Polizia Civile Trieste (1949-1950). Porén, si foi o máis existoso, pois na década dos anos 1930 e principios da década de 1940 conseguiu gañar cinco títulos nacionais.
En 1975 a sección de baloncesto é absorbida por unha nova sociedade nada como Pallacanestro Trieste, comezando a súa nova andaina na Serie A2, categoría na que se mantén até 1980, cando ascende á Serie A1. Desde entón xogou na máxima categoría entre 1982 e 1986, de 1990 a 1997, e de novo de 1999 a 2004, sendo o seu mellor resultado o terceiro posto conseguido en 1994. Ese mesmo ano o club conseguiu chegar á final da Copa Korać, onde perderon contra o PAOK Tesalónica (75-66 e 100-91).[2] Tamñen cómpre destacar que o ano seguinte o club conseguiu xogar tamén a final da Copa de Italia, onde perderon por 81−77 ante a Benetton Treviso. No 2004 o equipo vese relegado á Serie B1 por problemas económicos. Debido a isto, refúndase a sociedade, pasando a denominarse oficialmente Pallacanestro Trieste 2004. Tras competir en categoría infeariores, o club regresa á Segunda División en 2012. Seis anos despois, en 2018, o equipo consegue gañar o título de Serie A2 regresando á máxima categoría catorce anos despois.
Patrocinadores
[editar | editar a fonte]Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:
- Arrigoni Trieste (1955–1956)
- Stock Trieste (1957–1960)
- Philco Trieste (1961–1963)
- Lloyd Adriatico Trieste (1974–1975)
- Hurlingham Trieste (1976–1881)
- Oece Trieste (1981–1982)
- Bic Trieste (1982–1984)
- Stefanel Trieste (1984–1994)
- Illy Caffè Trieste (1994–1996)
- Genertel Trieste (1996–1998)
- Lineltex Trieste (1997–1999)
- Telit Trieste (1999–2001)
- Coop Nordest Trieste (2001–2004)
- AcegasAps Trieste (2005–2013)
- Pallacanestro Trieste (2013–2015)
- Alma Pallacanestro Trieste (2015–2019)
- Allianz Pallacanestro Trieste (2019–2022)
- Pallacanestro Trieste (2022–presente)
Palmarés
[editar | editar a fonte]Competicións europeas
[editar | editar a fonte]- Copa Korać
- Subcampións (1): 1994
Títulos nacionais
[editar | editar a fonte]- Liga de Italia
- Campións (5): 1930, 1932, 1934, 1940, 1941
- Copa de Italia
- Subcampións (1): 1995
- Segunda División
- Campións (1): 2018
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Il museo della Ginnastica Triestina". ginnasticatriestina.com (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 08 de setembro de 2018.
- ↑ "Alma-Agenzia per il lavoro Trieste". eurobasket.com (en inglés).