Saltar ao contido

Papel vergado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O papel vergado[1] é o papel que mostra unhas liñas translúcidas na súa superficie, unhas dispostas moi xuntas e en sentido horizontal, e outras perpendiculares a estas, con maior separación entre elas.

Fotografía dunha folla de papel vergado con marca de auga.

As liñas máis xuntas denomínanse pontellos[2], mentres que as perpendiculares a estas son os corondeis[3].

  1. "papel vergado". TERGAL. Consultado o 20/02/2019. 
  2. "pontello". TERGAL. Consultado o 20/02/2019. 
  3. "corondel". TERGAL. Consultado o 20/02/2019.