Paradigma de programación
Un paradigma de programación representa un enfoque particular ou filosofía para a construción do software. Non é mellor un que outro senón que cada un ten vantaxes e desvantaxes. Tamén hai situacións onde un paradigma resulta máis apropiado que outro.
Algúns exemplos de paradigmas de programación:
- O paradigma imperativo ou por procedementos é considerado o máis común e está representado, por exemplo, polo C ou por BASIC.
- O paradigma funcional está representado pola familia de linguaxes LISP (en particular Scheme), ML ou Haskell.
- O paradigma lóxico, un exemplo é PROLOG.
- O paradigma orientado a obxectos. Unha linguaxe completamente orientada a obxectos é Smalltalk.
A representación orientada a obxectos mellora a estrutura dos datos e, polo tanto, aplicouse a diferentes paradigmas como redes de Petri, imperativo secuencial, lóxica de predicados, funcional etc. Porén, a manipulación non queda fundamentalmente afectada e, polo tanto, o paradigma inicial tampouco, a pesar de ser reorientado a obxectos.
Aínda que pode seleccionarse a forma pura destes paradigmas no momento de programar, na práctica é habitual que se mesturen, dando lugar á programación multiparadigma.
Actualmente o paradigma de programación máis usado debido a múltiples vantaxes respecto aos seus anteriores é a programación orientada a obxectos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Programación imperativa
- Programación funcional
- Programación lóxica
- Programación estruturada
- Programación dirixida por eventos
- Programación modular
- Programación orientada a aspectos
- Programación orientada a obxectos
- Programación con restricións
- Programación por capas
- Programación a nivel funcional (John Backus)
- Programación a nivel de valores (John Backus)