Pardesoa, Forcarei
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pardesoa.
Pardesoa | |
---|---|
Igrexa de Pardesoa | |
Concello | Forcarei[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°30′54″N 8°18′44″O / 42.51492087, -8.31221768 |
Poboación | 174 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Pardesoa é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 267 habitantes (148 mulleres e 119 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 318 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 191 habitantes, sendo 86 homes e 105 mulleres.
Topónimo
[editar | editar a fonte]Segundo o IES Chano Piñeiro, a orixe do topónimo é parietem solam (parede soa).[2]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Pardesoa
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Pardesoa no concello de Forcarei (Pontevedra) | |
---|---|
Fixó | Pardesoa | A Portela de Lamas | Pousada | O Río | San Marcos | O Sisto |
Parroquias de Forcarei
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ "Orgullo pola toponimia en Forcarei". Carta Xeométrica. 18/10/2017. Consultado o 19/10/2017.