Saltar ao contido

Partido Progresista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido Progresista
Dirixentes e organización
LíderAgustín de Argüelles
Salustiano de Olózaga
Pedro Calvo Asensio
Baldomero Espartero
Juan Prim
Historia
Fundación1835
1838 (nacemento formal)
Disolución1874
Posicións políticas
IdeoloxíaLiberalismo
Progresismo
Monarquismo isabelina
Na rede
BNE: XX132119

O Partido Progresista foi unha formación política española do século XIX. Xurdiu en 1834 como oposición liberal extremista ao réxime da rexente María Cristina de Borbón e foi separándose pouco a pouco tras o inicio da Restauración en España en 1874.

Esta división entre exaltados -veinteañistas ou progresistas- e moderados -doceañistas, moderados ou conservadores- vai caracterizar o panorama ideolóxico do século XIX e XX en España. Os progresistas van a ser partidarios da Milicia Nacional, o xurado popular, a soberanía nacional, a ampliación do sufraxio censitario e o laicismo. Pola súa parte, os moderados opóñense a iso e son partidarios da soberanía compartida, as boas relacións coa Igrexa católica.

Na defensa da monarquía de Isabel II representaban o apoio e o sostén do reinado na medida que serviron á coroa fronte ao pretendente Carlos María Isidro de Borbón e en apoio da filla de Fernando VII. A súa situación viuse sempre comprometida entre a contención do carlismo e un apoio a raíña que non ofreceu froitos pola resistencia da mesma e, sobre todo, da súa nai, aos cambios que ofrecía o liberalismo.

Logo do asasinato do que fora o seu líder Prim, e coa monarquía de Amadeu I de España xa establecida, o Partido Progresista escindiuse en dúas ramas, que darían lugar aos dous partidos dominantes do período. A rama dereita, co liderado de Sagasta, uniuse a membros da Unión Liberal para formar o Partido Constitucional. A rama esquerda, seguindo a Ruiz Zorrilla, uniuse ao sector monárquico do Partido Democrático (denominado os cimbrios, con Cristino Martos) para formar o Partido Radical.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.