Partido Socialista (Portugal)
Partido Socialista | |
---|---|
Partido político de Portugal | |
Historia | |
Fundación | 19 de abril de 1973 [1] |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Socialdemocracia:[2] Socialismo democrático [3] Terceira vía Centroesquerda Europeísmo |
Representación | |
Asemblea da República | 86 / 230 |
Parlamento Europeo | 1 / 21 |
Outros datos | |
Sede | Largo do Rato 2 1269-143, Lisboa |
Na rede | |
Páxina oficial | |
O Partido Socialista (en portugués: Partido Socialista, PS) é un partido político de Portugal. Varios militantes da Acción Socialista Portuguesa (en portugués: Acção Socialista Portuguesa) fundárono o 19 de abril de 1973 na cidade alemá de Bad Münstereifel.[1]
O presidente do partido é Carlos César,[4] e o secretario xeral e actual líder é António Costa, elixido en 2014, despois de gañar nas eleccións primarias do partido a António José Seguro, co 68 % dos votos.[5]
O partido é membro da Internacional Socialista e forma parte do Partido Socialista Europeo.
Ideoloxicamente, o PS é un partido de centroesquerda, de corte socialdemócrata e europeísta.[6][7]
Historia
[editar | editar a fonte]Fundación
[editar | editar a fonte]O día 19 de abril de 1973, na cidade alemá de Bad Münstereifel, militantes da Acción Socialista Portuguesa (Acção Socialista Portuguesa) chegados de Portugal e de diversos puntos do estranxeiro, de entre outros países e cidades, de Londres, París, Xenebra, Suecia, Alxeria e o Brasil, reunidos no Congreso da Acción Socialista Portuguesa e "ponderando os superiores intereses da patria, a actual estrutura e dimensión do movemento, as exixencias concretas do presente e a necesidade de dinamizar os militantes para as grandes tarefas do futuro, deliberou transformar a A.S.P. en Partido Socialista", e aprobaron, por 20 votos a favor e 7 contra, a transformación da Acción Socialista Portuguesa no Partido Socialista.
Acabada a votación, ás 18:00 horas dese día, todos os congresistas aplaudiron en pé a deliberación e discutiron e aprobaron os diversos documentos preparatorios desa reunión, así como outros que serían publicados inmediatamente despois da fundación do PS. De entre estes, o que se revelou como máis relevante nos medios foi o documento de protestas contra a visita de Marcelo Caetano a Londres e de divulgación da creación do Partido Socialista.
A "Declaración de Principios" e o "Programa do Partido Socialista" foron aprobados en agosto de 1973, documentos que resultaron de diversas contribucións de militantes e simpatizantes do interior e do exterior. Na Declaración de Principios afirmábase a defensa do socialismo en liberdade ao mesmo tempo que se defendía como obxectivo último unha sociedade sen clases, e o marxismo era aceptado como "inspiración teórica predominante", aínda que permanentemente repensado.
O Programa reflectía, así, un compromiso entre o sistema parlamentario da Europa Occidental e unha estratexia de ruptura coa organización capitalista da economía.
Na actualidade
[editar | editar a fonte]Nas últimas eleccións de 2015, o PS quedou atrás da coalición de centrodereita formada polo PSD e o CDS, obtendo o 32,3 % dos votos e 86 deputados na Asemblea da República.[8]
Despois das eleccións, os socialistas volveron a formar goberno grazas a un pacto de esquerdas cos comunistas de Jerónimo de Sousa, os ecoloxistas de Heloísa Apolónia e os bloquistas de Catarina Martins.[9]
Secretarios xerais
[editar | editar a fonte]- Mário Soares: 1973 - 1986
- António Almeida Santos (interino): 1986
- Vítor Constâncio: 1986 - 1989
- Jorge Sampaio: 1989 - 1992
- António Guterres: 1992 - 2002
- Eduardo Ferro Rodrigues: 2002 - 2004
- José Sócrates: 2004 - 2011
- António José Seguro: 2011 - 2014
- António Costa: 2014 - presente
Primeiros ministros
[editar | editar a fonte]- Mário Soares: 1976 - 1978, 1983 - 1985
- António Guterres: 1995 - 2002
- José Sócrates: 2005 - 2011
- António Costa: 2015 - presente
Presidentes da República
[editar | editar a fonte]- Mário Soares: 1986 - 1996
- Jorge Sampaio: 1996 - 2006
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Fundação do Partido Socialista.
- ↑ Sir Adams Roberts & Timothy Garton Ash (2009). Civil Resistance and Power Politics: The Experience of Non-violent action from Gandhi to the Present. Oxford University Press. p. 367. ISBN 978-0-19-161917-5.
- ↑ "Democratic Socialism or Social Democracy?" (PDF). European University Institute.
- ↑ Figura honoraria que preside os Congresos Nacionais.
- ↑ "António Costa vence primárias do PS". Jornal visão (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2018. Consultado o 31 de xulllo de 2017.
- ↑ Nordsieck, Wolfram. "Parties and Elections in Europe". www.parties-and-elections.eu. Consultado o 31 de xullo de 2018.
- ↑ Falcão, Catarina. "António Costa assegura que "não há dúvidas" sobre o europeísmo do PS". Observador. Consultado o 31 de xullo de 2018.
- ↑ ZAP. "Eleições deram vitória clara da coligação e maioria à esquerda - ZAP". ZAP (en portugués). Consultado o 31 de xullo de 2018.
- ↑ "Conheça todas as medidas do acordo à esquerda". Jornal Expresso (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2016. Consultado o 31 de xullo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Partido Socialista |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Internacional Socialistal Arquivado 23 de abril de 2006 en Wayback Machine.
- Partido de los Socialistas Europeos