Pastel (arte)
- Este artigo trata sobre a técnica pictórica, para a torta véxase Pastel.
O pastel é un material artístico para pintura e/ou debuxo existente en barras, bastóns cilíndricos ou até en lapis, feito cunha masa de auga á que se lle mesturan pigmentos de cores variadas.
Por extensión denomínase pastel á técnica de pintura que emprega este material ou lapis e á obra feita con esta técnica. Tamén se lle chama pastel á cor ou ton doce, suave e clara (cores ou tons pasteis)[1].
Tipos de pastel
[editar | editar a fonte]Existen dous tipos de pastel: o pastel seco e o pastel de óleo, que presentan características diferentes, tanto na súa composición como na súa parte visual.
Pastel seco
[editar | editar a fonte]É un material antigo, referido por vez primeira por Leonardo da Vinci coma un material elegante para "pintar a seco".[2] Este material pode ser utilizado en case todas as superficies de papel, mais presenta un inconveniente na súa utilización, pois unha vez utilizado no soporte pódese tornar un desafío apagar parcialmente o pastel seco sen deixar vestixios.
Pastel de óleo
[editar | editar a fonte]Este tipo de pastel existe desde a década de 1960 e a súa fabricación é semellante á do pastel seco, tendo como diferenza o óleo, compoñente que acabará por dar nome a este material.[3] O pastel de óleo pode diluirse no soporte usando un pincel e, ao contrario do pastel seco, é un material que en exceso pode ser facilmente retirado, pois coa axuda de ferramentas, como un estilete ou un coitelo, pode simplemente retirarse o erro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pastel.
- ↑ ""Técnicas de Pintura"". Revista Literária. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 14 de outubro de 2012.
- ↑ ""Oil Pastels"". Art Design Web (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2017. Consultado o 14 de outubro de 2012.