Patricia McFadden
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1952 (71/72 anos) Eswatini |
Educación | Universidade de Botswana Universidade de Warwick (pt) Universidade de Dar es Salaam (pt) Universidade de Essuatíni (pt) |
Actividade | |
Ocupación | Activista polos dereitos humanos, educadora, escritora, socióloga, editora |
Empregador | Universidade Cornell Smith College Universidade de Syracuse Spelman College (en) |
Patricia McFadden, nada en 1952 é unha feminista radical africana, socióloga, escritora, editora e educadora de Eswatini.[1] É unha activista e académica que vén traballando no movemento anti-aparheid nos últimos vinte anos.[2] McFadden tamén traballou dentro dos movementos de mulleres africanos e a nivel mundial. Como escritora sufriu persecución política. Foi editora da Southern African Feminist Review e de African Feminist Perspectives.[3][4][5] Nos últimos tempos ensina e traballa internacionalmente en prol dos dereitos das mulleres. McFadden foi profesora na Universidade Cornell, no Spelman College, na Universidade de Syracuse e no Smith College dentro dos Estados Unidos. Tamén traballa como "asesora en feminismo", apoiando as mulleres na construción de espazos feministas institucionalmente sostibles dentro de Suráfrica.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Universidade de Botswana e Eswatini ciencia política e da administración, e conta con dous minor en economía e socioloxía.[1] Realizou un mestrado en socioloxía na Universidade de Dar es Salaam .[1] Doutorouse na Universidade de Warwick no Reino Unido en 1987.[1]
Traballou como responsable de programas no Southern African Regional Institute for Policy Studies (SARIPS) en Cimbabue,de 1993 a 2005.[1]Traballou como editora da revista Southern African Feminist Review de 1995 a 2000. Prestou os seus servizos como decana internacional na Universidade Internacional das Mulleres (International Women’s University, IFU) de 1998 a 2000 en Hannover.[1] Tamén foi docente no Mestrado en políticas sociais (MPS) xestionado por SARIPS durante sete anos. Ocupou o posto de profesora adxunta na Universidade de Syracuse en Cimbabue e posteriormente na sucursal de Syracuse en Nova York como membro do departamento de estudos afroamericanos.
As principais áreas sobre as que escribe son: sexualidade, saúde sexual e reprodutiva por unha banda e tamén sobre identidade, violación e cidadanía en relación ás mulleres africanas.[1] Vén presentando numerosos artigos nas universidades, conferencias e seminarios internacionais (en Noruega, Suecia, Dinamarca, Suráfrica, Ghana, Djibuti, Kenya, Uganda, Brasil, China, Alemaña, Etiopía e o Reino Unido entre outros.
Obras
[editar | editar a fonte]- "Becoming Postcolonial: African Women Changing the Meaning of Citizenship" - 2005.[6]
- "Challenging HIV and AIDS: Resistance and Advocacy in the Lives of Black Women in Southern Africa"[1]
- "War Through a Feminist Lens"[1]
- "Between a Rock and a Hard Place: Positioning Feminism in the ‘Africa Debate,’ and ‘Patriarchy'"
- "Sexuality and Globalization"[1]
- "Gender in Southern Africa: A Gendered Perspective" (Sapes Books)- 1998[2]
- "Reflections on Gender Issues in Africa" (Sapes Books) - 1999[2]
- "Reconceptualizing the Family in a Changing Southern African Environment" xunto a Sara C. Mvududu (Africa Institute of South Africa), 2001.[2][7]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Dereitos Humanos Hellman/Hammett en 1999[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 Spelman College: Cosby Chairs Arquivado 04 de abril de 2013 en Wayback Machine.(en inglés)
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Patricia McFadden to speak on neoliberalism, humanitarianism in Africa Sept. 22" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2016. Consultado o 3 de agosto de 2018.
- ↑ "Escuela abierta de – feminismo". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2011. Consultado o 23 de novembro de 2016.(en inglés)
- ↑ "Patricia McFadden, The Challenges and Prospects for the African Women's Movement in the 21st Century" (en inglés). Consultado o 23 de novembro de 2016.
- ↑ Mcfadden, Patricia (1997). "The Challenges and Prospects for the African Women's Movement in the 21st Century". Women in Action (en inglés) (1).
- ↑ McFadden, Patricia (2005). "Becoming Postcolonial: African Women Changing the Meaning of Citizenship". Meridians: feminism, race, transnationalism - Becoming Postcolonial: African Women Changing the Meaning of Citizenship (en inglés) 6 (1): 1–18.
- ↑ "Patricia McFadden Books New, Rare & Used Books - Alibris". Alibris (en inglés). Consultado o 23 de novembro de 2016.
- ↑ "Patricia McFadden". Women's Learning Partnership (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2018. Consultado o 3 de agosto de 2018.