Saltar ao contido

Pedro Sanjurjo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPedro Sanjurjo
Biografía
Nacemento14 de febreiro de 1812 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte1879 Editar o valor en Wikidata (66/67 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde da Coruña
1875 – 1875 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, xurista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Liberal-Conservador Editar o valor en Wikidata


Pedro Sanjurjo Pérez, nado en Ourense o 14 de febreiro de 1812 e finado na Coruña en 1879, foi un xurista e político galego, conde de Torre Penela.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi xuíz de Lugo (1836), oidor da Real Audiencia de La Habana (1849) e maxistrado decano da Audiencia de Manila (1869). Membro do Partido Moderado, foi deputado en Cortes por Ourense (1839-1841, 1844-1846) e polo distrito de Bande (1850-1854, 1857-1858, 1863-1865). Foi nomeado alcalde da Coruña polo Gobernador civil en xaneiro de 1875.[1]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Era irmán do tamén deputado Manuel Sanjurjo Pérez. Casou con Clotilde Flórez de Losada Quiroga, e foi pai de María de la Asunción (casada con Eduardo de Torres Taboada), Clotilde (casada con Antonio del Moral López) e o maxistrado e deputado Pedro Sanjurjo Flórez, casado con Pilar Argudín.

  1. El Ejemplo, 15-1-1875, p. 2.


Predecesor:
Luis Montanero
 
Alcalde da Coruña
 
1875
Sucesor:
Bruno Herce Coumes Gay