Pembroke
Aparencia
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
País | Gales | ||||
Área principal | Sir Benfro | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.966 (2021) | ||||
Xeografía | |||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | SA71 | ||||
Prefixo telefónico | 01646 | ||||
Páxina web | pembroketown.org.uk |
Pembroke (en galés: Penfro) é unha comunidade de 7552 habitantes[1], antiga sede do do condado de Pembrokeshire, no oeste de Gales. Sitúase no sur da liña Landsker que separa a área de lingua galesa, ao norte, da anglofalante no suroeste galés, onde o inglés é a lingua da poboación desde hai séculos e coñecido en galés como Sir Benfro Saesneg (Pembrokeshire inglés)[2], aínda así 16,4% da poboación amosa coñecementos de galés, e un 10,6% afirman que poden falalo[3], con altas incidencias nos menores de 25 anos[4]. No castelo de Pembroke, construído polo normando Roger de Montgomerie durante a invasión normanda de Gales naceu Henrique VII de Inglaterra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Censo 2011 - Poboación". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 11 de marzo de 2015.
- ↑ Awbery, Gwenllian M, Cymraeg Sir Benfro/Pembrokeshire Welsh, Llanrwst, 1991
- ↑ Censo 2001 - Lingua galesa
- ↑ Censo 2011 -Lingua galesa por idade e sexo