Península Valdés
(es) Península Valdés | ||||
Tipo | península | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Provincia de Chubut, Arxentina | |||
| ||||
Bañado por | San Matías Gulf (en) | |||
Características | ||||
Altitude | 69 m | |||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 360.000 ha | |||
Sitio Ramsar | ||||
Data | 20 de xullo de 2012 | |||
Identificador | 2070 | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio natural → América Latina-Caribe | |||
Data | 1999 (23ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (x) | |||
Identificador | 937 | |||
Páxina web | peninsulavaldes.org.ar | |||
A península Valdés é un accidente xeográfico costeiro do Mar Arxentino, provincia de Chubut, Arxentina e é parte dos sete Patrimonios Mundiais declarados pola UNESCO na Arxentina, incluída na lista de lugares Patrimonio Natural da Humanidade en 1999. Presenta unha porción de terra de contorno case rectangular unida ao continente polo istmo Carlos Ameghino.
O seu centro xeográfico atópase nas coordenadas: 42°31′S 63°56′O / -42.517, -63.933.
Fisiografía
[editar | editar a fonte]A península ten unha área de 3.625 km² e está asentada inmediatamente, ao sur, do Golfo San Matías. Esta presenta dous grandes cortes orixinadas en movementos tectónicos: no norte o Golfo San Xosé; no sur, o Golfo Novo; e no leste, a Caleta Valdés, alongada e separada do Mar Arxentino por unha estreita e prolongada restinga. As maiores altitudes encóntranse na parte oriental do Istmo Carlos Ameghino, co cumio no Cerro Piaggio (110 m), a segunda principal elevación é o Cerro Morro (109 m) xusto no extremo sur da península. A costa sueste é elevada con importantes acantilados coroados por "cerros" duns 100 metros sobre o nivel do mar. Por contrapartida o interior da península posúe depresións de até 41 metros baixo o nivel do mar, como o Bajo del Gualicho e Bajo Valdés. Outras depresións menores dan lugar a terreos como as Salinas Grandes, a salina Chica (ao oeste das Salinas Grandes) e El Salitral achantado no centro noroeste da península. O único asentamento humano importante desta península é Porto Pirámides, así denominado polas formacións rochosas piramidais da súa contorna.
Clima
[editar | editar a fonte]A península posúe unha peculiar situación climática, pois a cordilleiras dos Andes faille sombra as chuvias, e ademais conta coa proximidade do mar. O clima é frío no inverno e moi quente no verán (chegando aos 38º).
Fauna
[editar | editar a fonte]Adaptadas ao ambiente estepario encóntranse maras ("lebres patagónicas"), algúns guanacos, raposos grises, culpeos ("raposos patagónicos"), ñandúes petisos ( ou "avestruz patagónico"), mofetass, armadillos como o Zaedyus pichiy, e gran cantidade de diferentes especies de aves entre as que destacan os pingüíns de Magallanes, as gaivotas (en especial a especie Larus dominicanus), caracaras, caranchos, chimangos, elefantes mariños e lobos mariños; por outra parte os pumas, xaguares e cóndores que existían nestas costas patagoas foron exterminados a finais do século XIX.
Nas costas a fauna mariña é abundante e variada, incluíndo baleas francas, que chegan as súas costas para aparearse, e todo tipo de golfiños, como golfiños de commerson, candorcas e delfíns mulares. Por lei provincial, creouse a Área Natural Protexida Península Valdés, que comprende o seu espazo terrestre, aéreo e unha franxa de tres millas mariñas na súa contorna.
Flora
[editar | editar a fonte]Encóntrase vexetado por plantas arbustivas e espiñosas.
Historia
[editar | editar a fonte]No pasado a rexión estaba habitada polos tehuelches. Rastros desta cultura poden ser observadas, abundantemente, en forma de puntas de frecha labradas.
En 1520 as súas costas foron recoñecidas pola expedición ao mando de Fernão de Magalhães. No século XVIII os españois fundaron a Garda de San Xosé, unha pequena poboación civil composta en gran parte por maragatos, que estaba protexida por un fortín atopado na parte norte do Istmo Carlos Ameghino.
Inicialmente as relacións entre os tehuelches e os españois foron pacíficas pero logo se produciu unha escala de altercados, probablemente ocasionados, pola competencia no aproveitamento dos recursos da zona ou porque os aborixes ao descoñecer o sistema de propiedade privada subtraían bens que eran propiedade dos colonos e estes reprimíronos. Como sexa, a reacción aborixe produciuse aproveitando a distracción dos españois durante unha celebración relixiosa, sendo entón destruída a poboación e o forte en 1810.
Só a mediados do século XIX a zona comezou a ser asentada definitivamente por cidadáns arxentinos.
As reservas naturais
[editar | editar a fonte]No extremo nordeste da península encóntrase a Reserva Faunística Punta Norte; no extremo sueste está a Reserva Faunística Punta Delgada, dentro do Golfo Novo, case inmediata a Porto Pirámides; na costa nordeste do mencionado golfo atópase a reserva da Lobería Puerto Pirámides; no extremo sueste do Golfo Novo encóntrase o núcleo da Reserva Faunística Provincial Golfo Novo; e ao norte do Istmo Ameghino e xa rodeada polas augas do Golfo San Xosé áchase a Reserva Illa Paxaros.
Fóra da Península Valdés, aínda que dentro da área protexida da mesma, a uns 15 quilómetros ao sueste de Porto Madryn áchase a Reserva Punta Loma.
Esta península é un dos destinos turísticos máis importantes da Arxentina e convoca anualmente a millares de visitantes do país e o exterior. Grazas ás políticas de protección postas en marcha, a poboación de balea franca austral está en lenta recuperación.
Cada inverno estas baleas poden ser avistadas durante a súa época de apareamento e parto, feito que atrae moitos curiosos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Península Valdés |
- Administración da Área Protexida Península Valdés (en castelán)'(en inglés)'(en portugués)