Pertinax
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Nome orixinal | Publius Helvius Pertinax |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de agosto de 126 Alba (Italia) |
Morte | 28 de marzo de 193 (66 anos) Roma (Italia) |
Causa da morte | homicidio |
Emperador romano | |
1 de xaneiro de 193 – 28 de marzo de 193 ← Cómodo – Didio Xuliano → | |
Procónsul | |
188 – 189 | |
Gobernador romano | |
175 – 185 | |
Senador romano | |
Prefeito urbano (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Relixión na Roma antiga |
Actividade | |
Ocupación | político, militar, soldado |
Período de tempo | Imperio Romano, Exipto grecorromano, Era do Exipto romano e principado |
Familia | |
Cónxuxe | Flávia Ticiana |
Parella | Ânia Cornifícia Faustina Menor |
Fillos | Helvia () Flávia Ticiana Pertinax the Younger () Flávia Ticiana |
Pais | Helvius Successus e valor descoñecido |
Descrito pola fonte | Enciclopedia Católica, (sec:Publius Helvius Pertinax) Enciclopedia de Otto Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru |
Publius Helvius Pertinax, nado en Alba Pompeia no 126 e morto en Roma no 193, foi un emperador romano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Durante os seus anos mozos estivo traballando como ensinante de gramática. Enrolouse no exército, e grazas ao patrón do seu pai, Loliano Alvito, cónsul no 144, foi nomeado centurión. Decontado amosou o seu gran valor nas guerras particas e foi trasladado a Britania. Dende alí o seu seguinte destino foi Mesia, como praefectus alae, onde estivo ao mando dunha das ás da cabalaría. Volveu trocar de destino, xa administrativo, en Alba Emilia, como praefectus alimentorun, cun novo cargo para a frota do Rhin. De alí marchou á Dacia como ducenarius, ou sexa, supervisor das contas da provincia, cargo que o levou a ser acusado falsamente de malversación dos fondos públicos. Foi cesado polo emperador dos seus cargos.
Retirado, foi chamado por T. Claudio Pompeiano para servir nas súas forzas como xefe da cabalaría. Pompeiano era o xenro do emperador Marco Aurelio no tempo en que os marcomanos irromperon en Aquileia, onde Pertinax estaba destinado. Destacou na loita contra os marcomanos, polo cal foi recompensado polo emperador, que o introduciu no Senado, xa que a súa honra estaba limpa ao se descubrir que a malversación fora unha trama para afastar un funcionario honrado e pouco dado aos subornos. Como a guerra continuaba, Pertinax foi nomeado legado da lexión I Adiutrix, para rexeitar os marcomanos de Raetia e Noricum, acción que conseguiu facer brillantemente. Marco Aurelio nomeouno cónsul.
Enviado a Siria no 175, tivo que volver de novo para o Danubio, xa que a guerra empeorara naquela provincia. Foi nomeado no 179 gobernador da Dacia, despois de telo sido da Mesia Superior e Inferior. Finalmente, e como cumio da súa brillante carreira, déronlle a Siria para gobernar. Á morte de Marco Aurelio parece que se deixou levar polas prebendas do cargo, xa que volveu a Roma moito máis rico do que fora na Dacia.
Xa en tempos de Cómodo, foi chamado por este para sufocar unhas revoltas entre as lexións afincadas en Britania. Á súa volta foi nomeado prefecto de Roma. Co asasinato de Cómodo, Pertinax foi nomeado emperador polos pretorianos.[1] Só ocupou o cargo 83 días, xa que todas as iniciativas que tomou para volver a tempos anteriores foron mal tomadas, especialmente polos pretorianos, que querían continuar coas súas prerrogativas. Os seus esforzos para trocar o senso que estaba a tomar o imperio e rematar cos tempos de excesos de Cómodo remataron co seu asasinato polos propios pretorianos que o nomearan emperador.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Campbell (2007), p.1
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Campbell, Brian (2007). "The Severan Dinasty". En Bowman, Alan K.; Garnsey, Peter; Cameron, Averil. The Cambridge Ancient History (Vol. XII: The Crisis of Empire, a.d. 193–337) (PDF) (en inglés) (2ª ed.). Cambridge / Nova York: Cambridge University Press. pp. 1–27. ISBN 978-0-521-30199-2.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pertinax |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía máis extensa de Pertinax Arquivado 21 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Cómodo |
Pertinax | Precede a: Septimio Severo |
Dinastía dos Severos |