Philip José Farmer
(2002) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xaneiro de 1918 Terre Haute, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 25 de febreiro de 2009 (91 anos) Peoria, Estados Unidos de América |
Educación | Bradley University (en) Peoria High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | novelista, escritor de ciencia ficción, escritor |
Período de actividade | 1946 - |
Xénero artístico | Ciencia ficción e Fantasía |
Pseudónimo literario | Kilgore Trout |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Indiana Authors and Their Books, 1917-1966 (en) |
Páxina web | pjfarmer.com |
Philip José Farmer, nado en Terre Haute, Indiana o 26 de xaneiro de 1918 e finado o 25 de febreiro de 2009, foi un escritor estadounidense de ficción científica e fantasía, autor de novelas e relatos breves.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En moitas das obras de Farmer aparecen personaxes preexistentes, tomados da historia ou da ficción. É o caso de The Other Log of Phileas Fogg (1973), que reenche as elipses da coñecida novela A volta ao mundo en oitenta días, de Jules Verne, ou da Barnstormer in Oz (1982), no que o fillo adulto da protagonista do mago de Oz, Dorothy, chega ao país de Oz por un accidente do avión que estaba pilotando. Outros personaxes que aparecen frecuentemente nas súas obras son os heroes pulp Tarzán e Doc Savage: na novela The Adventure of the Peerless Peer Tarzán forma equipo con Sherlock Holmes. Farmer é tamén o creador das series de Lord Grandrith e Doc Caliban, personaxes baseados, respectivamente, en Tarzán e en Doc Savage. Esta serie componse da Feast Unknown (1969), Lord of the Trees (1970) e The Mad Goblin (1970). Farmer escribiu ademais dúas enxeñosas biografías de Tarzán e Doc Savage, Tarzan Alive (1972) e Doc Savage: His Apocalyptic Life (1973).
A Serie Riverworld conta as aventuras de personaxes tan diferentes entre si como Richard Francis Burton, Hermann Göring e Samuel Clemens (Mark Twain), nun estraño máis aló no cal todos os seres humanos que viviron no pasado resucitan no val dun río que se estende por todo un planeta. A saga está composta por To Your Scattered Bodies Go (1971), The Fabulous Riverboat (1971), The Dark Design (1977), The Magic Labyrinth (1980) e Gods of Riverworld (1983). Riverworld and Other Stories (1979) é unha colección de relatos que se desenvolve no mesmo mundo imaxinario; nela inclúese o conto que deu orixe á saga. A serie World of Tiers consta das novelas The Maker of Universes (1965), The Gates of Creation (1966), A Private Cosmos (1968), Behind the Walls of Terra (1970), The Lavalite World (1977) e More Than Fire (1993). Esta serie, baseada na idea dun universo paralelo, inspirou a Roger Zelazny a súa serie de Amber.
As obras de Farmer abordan a miúdo o tema do sexo: a súa recompilación de historias breves Strange Relations, de 1960, marcou un fito na historia do sexo na literatura de ciencia ficción. Tamén a relixión está presente no traballo de Farmer: Xesús aparece coma personaxe nun dos relatos de Riverworld and Other Stories e na novela Jesus on Mars.
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1953: Premio Hugo ao novo talento máis prometedor, The Lovers
- 1960: candidato ao Premio Hugo ao mellor relato breve, The Alley Man
- 1961: candidato ao Premio Hugo ao mellor relato breve, Open to Me, My Sister
- 1966: candidato ao Premio Hugo ao mellor relato breve, The Day of the Great Shout
- 1967: candidato ao Premio Nebula á mellor novela curta, Riders of the Purple Wage
- 1968: Premio Hugo á mellor novela curta, Riders of the Purple Wage
- 1972: Premio Hugo á mellor novela, To Your Scattered Bodies Go
- 1974: candidato ao Premio Nebula ao mellor relato breve, After King Kong Fell
- 2000: Premio Nebula, Premio Gran Mestre Damon Knight Memorial, polo conxunto da súa carreira
- 2001: World Fantasy Award for Life Achievement
Obras
[editar | editar a fonte]Ciclos narrativos
[editar | editar a fonte]- World of Tiers
- The Maker of Universes (1965)
- The Gates of Creation (1966)
- A Private Cosmos (1968)
- Behind the Walls of Terra (1970)
- The Lavalite World (1977)
- More Than Fire (1993)
- Red Orc's Rage (1991) - relacionado
- Riverworld
- To Your Scattered Bodies Go (1971)
- The Fabulous Riverboat (1971)
- The Dark Design (1977)
- The Magic Labyrinth (1980)
- Gods of the Riverworld (1983)
- River of Eternity (1983) - relacionado
- Herald Childe
- The Image of the Beast (1968)
- Blown: or Sketches Among the Ruins of My Mind (1969)
- Traitor to the Living (1973)
- Doc Caliban and Lord Grandrith
- A Feast Unknown (1969)
- Lord of the Trees (1970)
- The Mad Goblin (1970)
- Opar
- Hadon of Ancient Opar (1974)
- Flight to Opar (1976)
- Dayworld
- Dayworld (1984)
- Dayworld Rebel (1987)
- Dayworld Breakup (1990)
Novelas independentes
[editar | editar a fonte]- The Green Odyssey (1957)
- Flesh (1960)
- A Woman a Day o The Day of Timestop (1960)
- The Lovers (1961)
- Cache from Outer Space (1962)
- Fire and the Night (1962)
- Inside Outside (1964)
- Tongues of the Moon (1964)
- Dare (1965)
- The Gate of Time (1966)
- Night of Light (1966)
- Keepers of the Secrets (1970)
- Lord Tyger (1970)
- Love Song (1970)
- The Stone God Awakens (1970)
- The Wind Whales of Ishmael (1971)
- Time's Last Gift (1972)
- The Other Log of Phileas Fogg (1973)
- The Adventures of the Peerless Peer (1974) (
- Venus on the Half-Shell (1975) (como Kilgore Trout)
- Ironcastle (1976) (con J. H. Rosny aîné)
- Jesus on Mars (1979)
- Dark Is the Sun (1979)
- Two Hawks from Earth (1979)
- The Unreasoning Mask (1981)
- The Cache (1981)
- Stations of the Nightmare (1982)
- Greatheart Silver (1982)
- A Barnstormer in Oz (1982)
- Nothing Burns in Hell (1988)
- Escape From Loki (1991)
- The Caterpillar's Question (1992) (con Piers Anthony)
- Nothing Burns in Hell (1998)
- Naked Came The Farmer (1998) (con Nancy Atherton, Terry Bibo, Steven Burgauer, Dorothy Cannell, David Everson, Joseph Flynn, Julie Kistler, Jerry Klein, Bill Knight, Tracy Knight, Garry Moore e Joel Steinfeldt)
- The Dark Heart of Time (1999)
Non ficción:
[editar | editar a fonte]- Tarzan Alive: A Definitive Biography of Lord Greystoke (1972)
- Doc Savage: His Apocalyptic Life (1973)
Contos
[editar | editar a fonte]
|
|
Libros de contos
[editar | editar a fonte]- Strange Relations (1960)
- The Alley God (1962)
- The Celestial Blueprint: And Other Stories (1962)
- Riverworld War: The Surpressed Fiction of Philip José Farmer (1964)
- Down in the Black Gang (1971)
- The Book of Philip Jose Farmer (1973)
- Riverworld and Other Stories (1979)
- Father to the Stars (1981)
- Stations of the Nightmare (1982)
- Greatheart Silver (1982)
- The Purple Book (1982)
- The Classic Philip José Farmer, 1952-1964 (1984)
- The Classic Philip José Farmer, 1964-1973 (1984)
- The Grand Adventure (1984)
- Riders of the Purple Wage (1992)
- MYTHS FOR THE MODERN AGE: Philip José Farmer's Wold Newton Universe (2005)
- The Best of Philip Jose Farmer (2006)
- Stranger Relations (2006)
- Pearls from Peoria (2006)