Picadero JC
Picadero Damm | |
Información xeral | |
---|---|
Fundación | 1951 |
Desaparición | 25 de xullo de 1973 |
Cores | Azul, branco |
Localización | |
Cidade | Barcelona, España |
Pavillón | El Picadero |
Campionatos | |
Copa | 2 (1964, 1968) |
O Picadero Jockey Club, coñecido por motivos de patrocinio até 1970 como Picadero Damm, foi un club polideportivo español con sede en Badalona, Cataluña. A súa sección de baloncesto, desaparecida en 1973, conseguiu gañar dúas Copas de Rei.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado en 1951 por Joaquín Rodríguez Roselló sobre as bases do antigo Picadero Andaluz na Diagonal de Barcelona. O club contou con equipos de varios deportes, aínda que destacou especialmente na modalidade de baloncesto, tanto masculina como feminina. O seu equipo terminou segundo na Liga Española en catro ocasións (1964, 1965, 1966, 1970) e gañou dúas Copas, en 1964 e 1968. Nas súas filas militaron xogadores como Jesús Codina, Josep María Jofresa, Alfonso Martínez e Víctor Escorial. Na década de 1970 perdeu influencia polo auxe doutros clubs do seu mesma provincia, como o FC Barcelona, o RCD Espanyol, o Bàsquet Manresa ou o Joventut Badalona. A sección masculina desapareceu en 1973 por problemas económicos.[1] Anos máis tarde tamén desapareceron o resto de seccións e só quedou o equipo de baloncesto feminino, que se mantivo até comezos dos anos 1980. Os seus socios acabaron integrándose no Club Esportiu Laietà.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]- Miguel Albanell
- Lorenzo Alocén
- Chus Codina
- Josep Maria Jofresa
- Joaquín Enseñat
- Víctor Escorial
- Joan Fa Busquets
- Miguel Ángel González
- Ángel González-Adrio
- Rafael González-Adrio
- Alfonso Martínez
- Juan Martos
- José Nora
- Jordi Parra
- José Ramón Ramos
- Javier Sanjuán
- Josep Maria Soler
- José María Soro
- Teófilo Cruz
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Campións (2): 1964, 1968
Historial
[editar | editar a fonte]Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa | Competicións europeas | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1959–60 | 2 | 2ª División | ||||||
1960–61 | 2 | 2ª División | ||||||
1961–62 | 1 | 1ª División | 4º | 10–8 | Semifinais | |||
1962–63 | 1 | 1ª División | 4º | 11–5 | Semifinais | |||
1963–64 | 1 | 1ª División | 2º | 13–9 | Campión | |||
1964–65 | 1 | 1ª División | 2º | 11–3 | Cuartos de final | |||
1965–66 | 1 | 1ª División | 2º | 15–3 | Cuartos de final | |||
1966–67 | 1 | 1ª División | 4º | 13–7 | Cuartos de final | |||
1967–68 | 1 | 1ª División | 6º | 9–11 | Campión | |||
1968–69 | 1 | 1ª División | 3º | 16–6 | Semifinais | 2 Recopa | OF | 3–1 |
1969–70 | 1 | 1ª División | 2º | 18–1–3 | Semifinais | |||
1970–71 | 1 | 1ª División | 3º | 13–3–6 | Semifinais | |||
1971–72 | 1 | 1ª División | 4º | 13–9 | 3 Copa Korać | CF | 0–2 | |
1972–73 | 1 | 1ª División | 5º | 15–15 | 3 Copa Korać | SF | 1–3 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Picadero renuncia a la Primera División". El Mundo Deportivo. 26 de xullo de 1973.