Pierre Terrail de Bayard
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1476 (Gregoriano) Pontcharra, Francia |
Morte | 30 de abril de 1524 (47/48 anos) Romagnano Sesia, Italia (pt) |
Causa da morte | morto en combate |
Actividade | |
Ocupación | condottiero, cabaleiro |
Carreira militar | |
Rango militar | cabaleiro |
Conflito | Guerras italianas |
Familia | |
Irmáns | Philippe Terrail Jacques Terrail |
Premios | |
Descrito pola fonte | Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopédia militar Sytin (pt) |
Pierre Terrail LeVieux, seigneur de Bayard (1473 – 1524) foi un militar francés, coñecido como o Chevalier Bayard, o cabaleiro sen medo e sen tacha.
Descendente de Aymon LeVieux e Hélène Alleman-Laval de familia nobre, naceu en Château Bayard, preto de Pontcharra, Isère. Foi paxe de Carlos I de Savoia e despois serviu a Carlos VIII de Francia, a quen acompañou a Italia e, tras a batalla de Fornovo (1495), armouno cabaleiro. Perseguindo aos inimigos entrou só en Milán; feito prisioneiro, Ludovico Sforza liberouno. En 1508 distinguiuse no sitio de Xénova por Lois XII de Francia e ao ano seguinte o rei nomeouno capitán. Ferido no sitio de Brescia (1512), ao recuperarse participou na batalla de Rávena baixo Gaston de Foix. Na batalla de Spurs (1513) caeu prisioneiro de Henrique VIII de Inglaterra, quen o puxo inmediatamente en liberdade, coa única condición que non entrar en combate durante seis semanas.
Logo da ascensión de Francisco I en 1515, Bayard foi feito tenente-xeneral do Delfinado e foi el quen ordena cabaleiro ao rei por mor da súa notoriedade. Ao principiar a guerra entre Francisco I e Carlos V, Bayard con 1000 homes mantivo Mézières contra un exército de 35.000, e, despois de seis semanas, os xenerais do exército imperial levantaron o sitio, a súa resistencia impediu o avance do exército imperial polo centro de Francia e deu tempo ao rei a organizar o exército real que botou fóra aos invasores en 1521. O rei ordenouno cabaleiro da orde de San Miguel.
Morreu na defensa do paso de Sesia ou Rovasenda, cando cubría a retirada do exército francés, o 29 de abril de 1524. Bayard simbolizou os valores da cabalaría francesa de fins da Idade Media, foi un personaxe inmensamente popular no seu tempo que deu orixe a unha lenda que se transmitiu ao longo dos séculos.
- Symphorien Champier: Les gestes ensembles la vie du preulx Chevalier Bayard. Imprimerie Nationale, París 1992, ISBN 2-11-081179-X (Reimpresión orix. Lión 1525)