Placenta
A placenta (do latín torta plana referíndose á súa aparencia en humanos[1][2]) é un órgano presente na maioría dos mamíferos (os marsupiais, por exemplo, non producen placenta) e que relaciona estreitamente ao bebé coa súa nai e atende as necesidades de respiración, nutrición e excreción do feto durante o seu desenvolvemento. A placenta desenvólvese a partir das mesmas células que deron lugar ao feto e ten dous compoñentes, unha porción fetal, o corion frondoso e unha porción materna ou decidua basal.
Clasificación
[editar | editar a fonte]A placenta humana é de tipo hemocorial (ou discoidal), que quere dicir que o tecido fetal penetra o endometrio ata o punto de estar en contacto co sangue materno. Este tipo de placenta é a que presentan todos os primates e os roedores[3]. Porén, entre os mamíferos existen outros tipos de placenta:
- Endoteliocorial: onde o corion penetra no endometrio, chegando a tocar os vasos da nai. É unha característica de animais carnívoros, como o gato, o can ou o lobo[4].
- Sindesmocorial: nela o epitelio da mucosa uterina segue intacta, pero o trofoblasto chega a ter contacto co tecido uterino permitindo o paso de nutrientes necesarios. Existe en ruminantes como a ovella.
- Epiteliocorial: o corion toca lixeiramente o endometrio materno, pero non o penetra, como é o caso da porca.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ How to make a placenta: mechanisms of trophoblast cell differentiation in mice--a review. Placenta. 2005 Apr;26 Suppl A:S3-9.
- ↑ Williams Obstetrics, 18th Edition, F. Gary Cunningham, M.D., Paul C. MacDonald, M.D., Norman F. Grant, M.D., Appleton & Lange, Publishers.
- ↑ Leonardo J. De Luca (Laboratorios Burnet). Aborto bovino. Arquivado 05 de setembro de 2008 en Wayback Machine. Último acceso 17 de xaneiro de 2008.
- ↑ Escola Universitaria Enxeñería Técnica Agrícola. Estrutura e fisioloxía da placenta (en castelán). Arquivado 11 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. Tipos de placenta: imaxes. Arquivado 06 de decembro de 2008 en Wayback Machine. Último acceso 17 de xaneiro de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Placenta |