Saltar ao contido

Plataforma Cívica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Platforma Obywatelska
Plataforma Cívica
Logo de Plataforma Cívica
Dirixentes e organización
LíderEwa Kopacz
Historia
Fundación19 de xaneiro de 2001 1
Posicións políticas
IdeoloxíaCentro dereita, conservadorismo, liberalismo, democracia cristiá, europeismo
Outros datos
Sedeul. Władysława Andersa 21 00-159, Varsovia
Na rede
www.platforma.org
1 A partir de sectores da Alianza Democrática da Dereita e do Partido Conservador-Popular.

A Plataforma Cívica (en polaco: Platforma Obywatelska, abreviado PO) é o principal partido político de centro-dereita de Polonia, o cal defende ideas europeístas, liberais e democristiás. Foi o partido gañador das eleccións xerais de 2007.

Fundado o 19 de xaneiro de 2001, a maior parte do seus membros foran membros da UW (Alianza da Liberdade - Unia Wolności) e a AWS (Solidariedade-Alianza Democrática da Dereita - Akcja Wyborcza Solidarność). O partido PO estaba formado por Donald Tusk UW, Maciej Płażyński Solidariedade-AWS e Andrzej Olechowski. Durante as eleccións xerais de 2001 a Plataforma Cívica obtivo un 12,68% dos votos e 65 escanos no Sejm (o parlamento polaco, Sejm, ten 460 escaños). Nas eleccións de 2005 obtivo un 24,14%, 133 escanos e 34 senadores (sobre 100).

O presidente da Plataforma Cívica é Donald Tusk. No partido tamén están Jan Rokita, Bronisław Komorowski, Zbigniew Chlebowski, Hanna Gronkiewicz-Waltz, Stefan Niesiołowski, Grzegorz Schetyna e Jerzy Buzek.

O programa

[editar | editar a fonte]

A Plataforma Cívica defende a economía liberal. As súas propostas económicas van orientadas a baixar os impostos e introducir o imposto liñal (en polaco podatek liniowy). Quere liquidar o Senado (Senat) e limitar a burocracia. Postula a loita contra a corrupción e maila delincuencia. O partido apoia a integración na Unión Europea (UE). No eido social, oponse á eutanasia, o matrimonio homosexual e maila legalización das drogas.

Resultados electorais

[editar | editar a fonte]

Nas eleccións xerais de 2007 obtivo a vitoria tanto en escanos coma en votos con máis dun 40%.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]