Prepucio do pene
Prepucio | |
---|---|
Prepucio recubrindo a glande dun pene fláccido. | |
Latín | prepucium præputium |
Gray's | pág.1250 |
Arteria | Arteria dorsal do pene |
Nervio(s) | Nervio dorsal do pene |
Precursor | Tubérculo uroxenital Dobras uroxenitais |
MeSH | Foreskin |
O prepucio do pene é a pel que recobre a glande do pene.
Anatomía do prepucio do pene
[editar | editar a fonte]O prepucio é unha dobra cilíndrica de pel, que pola cara externa presenta epitelio queratinizado e pola cara interna que está en contacto coa glande é unha mucosa de epitelio menos queratinizado. O prepucio e a glande están unidos entre si por unha dobra medio anterior chamada freo do pene e en toda a súa circunferencia posterior polo suco balanoprepucial. A circunferencia anterior do prepucio corresponde co bordo libre do prepucio e denomínase orificio ou anel prepucial.
Entre a glande e o prepucio existe unha cavidade virtual, a chamada cavidade do prepucio. En casos de falta de hixiene, nesta zona pode formarse unha substancia chamada esmegma.
A lonxitude do prepucio varía moito segundo os individuos. Unhas veces prolóngase até o vértice da glande e supera por diante do pene unha especie de vestíbulo. Isto é o que ocorre na maioría dos nenos até a puberdade. No adulto pode persistir esta disposición, ou retraerse parcial ou totalmente.
Funcións do prepucio do pene
[editar | editar a fonte]O prepucio ten catro funcións:
- Protectora
- Sensorial
- Mecánica
- Almacena o olor da glande
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Prepucio do pene |