Saltar ao contido

Privilexio do branco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O privilexio do branco (en francés, privilège du blanc; en italiano, privilegio del bianco) é concedido a certas raíñas católicas e consortes de monarcas católicos. Mediante este privilexio, poden vestir de branco nunha audiencia co Papa, mentres que para as demais mulleres é obrigatorio vestiren de negro.

Este privilexio trátase dunha concesión ás raíñas e consortes católicas como símbolo de agradecemento ás casas reais que se mantiveron fieis á Igrexa católica cando outros reinos se converteron ás igrexas protestantes.[1]

O protocolo formal vaticano para as audiencias papais esixía que as mulleres utilizasen vestido negro de manga longa sen escote, saia por baixo do xeonllo e mantela. Aos homes esixíaselles frac, con chaleco e bolboreta de piqué brancos. Tamén están permitidos os traxes típicos do propio país.[2]

Desde os anos 80 os códigos da etiqueta vaticana convertéronse en opcionais.[3] Así, diversos invitados, diplomáticos e xefes de Estado optaron polo traxe de gravata na misa de inauguración de Bieito XVI en 2005.

Actualmente poden vestir de branco:

As raíñas de España son as únicas que o poden combinar cunha peita.

Só teñen o “privilexio do branco” as raíñas ou consortes de catro monarquías católicas:

Non teñen este privilexio outras monarquías católicas, como María Kinsky de Wchinitz e Tettau, de Liechtenstein ou Masenate Mohato Seeiso, de Lesoto, nin as monarquías anglicanas ou luteranas, como Reino Unido, Noruega, Suecia ou Dinamarca. Tampouco ten dito privilexio a raíña consorte Máxima dos Países Baixos, malia non renunciar ao catolicismo ao contraer matrimonio.

Tamén posúe este dereito a Princesa de Nápoles, como consorte do pretendente ao trono de Italia e princesa da Casa de Savoia. As princesas de Italia, malia non seren raíñas, tamén fixeron uso deste privilexio.[4]

Nos últimos anos, O Vaticano non é tan estrito co protocolo da indumentaria. De feito, Cherie Blair, a esposa de Tony Blair, exprimeiro ministro do Reino Unido e católico converso, acudiu vestida de branco á audiencia papal.[5]

Lista de ocasións de uso

[editar | editar a fonte]

O privilexio do branco non é usado en todos os casos, só nas seguintes ocasións, as máis sinaladas no Vaticano.

Data Raíña/Princesa/Dignataria Papa Notas
14 de outubro de 2018 Raíña Sofía de España Francisco Canonización de Paulo VI
4 de setembro de 2016 Raíña Sofía de España Francisco Canonización de Santa Tareixa de Calcuta
21 de marzo de 2016 Gran Duquesa María Tareixa de Luxemburgo Francisco Audiencia privada
18 de xaneiro de 2016 Princesa Charlene de Mónaco Francisco Visita de Estado ao Vaticano
9 de marzo de 2015 Raíña Matilde de Bélxica Francisco Audiencia privada
30 de xuño de 2014 Raíña Letizia de España Francisco Audiencia privada
27 de abril de 2014 Raíña Sofía de España Francisco Canonización de Xoán XXIII e Xoán Paulo II
27 de abril de 2014 Raíña Paola de Bélxica Francisco Canonización de Xoán XXIII e Xoán Paulo II
27 de abril de 2014 Gran Duquesa María Teresa de Luxemburgo Francisco Canonización de Xoán XXIII e Xoán Paulo II
19 de marzo de 2013 Raíña Paola de Bélxica Francisco Misa Inaugural do papa Francisco
19 de marzo de 2013 Gran Duquesa María Teresa de Luxemburgo Francisco Misa Inaugural do papa Francisco
12 de xaneiro de 2013 Princesa Charlene de Mónaco Bieito XVI Audiencia privada
1 de maio de 2011 Gran Duquesa María Teresa de Luxemburgo Bieito XVI Beatificación do papa Xoán Paulo II
1 de maio de 2011 Raíña Paola de Bélxica Bieito XVI Beatificación do papa Xoán Paulo II
10 de outubro de 2009 Raíña Paola de Bélxica Bieito XVI[6][7] Audiencia privada
8 de maio de 2006 Gran Duquesa María Teresa de Luxemburgo Bieito XVI Audiencia privada[6][7]
24 de abril de 2005 Raíña Sofía de España Bieito XVI Misa Inaugural do papa Bieito XVI[6][7]
24 de abril de 2005 Gran Duquesa María Teresa de Luxemburgo Bieito XVI Misa Inaugural do papa Bieito XVI[6][7]
3 de outubro de 2004 Raíña Fabiola de Bélxica Xoán Paulo II Beatificación de Carlos I de Austria e IV de Hungría
18 de maio de 2003 Princesa Mariña de Nápoles Xoán Paulo II Aniversario do papa Xoán Paulo II
23 de marzo de 2003 Gran Duquesa María Teresa de Luxemburgo Xoán Paulo II Audiencia privada[8]
15 de maio de 1998 Raíña Paola de Bélxica Xoán Paulo II Audiencia privada[6]
30 de abril de 1981 Raíña Sofía de España Xoán Paulo II Audiencia privada[7]
22 de outubro de 1978 Gran Duquesa Xosefina Carlota de Luxemburgo Xoán Paulo II Misa Inaugural do papa Xoán Paulo II[7]
22 de outubro de 1978 Raíña Sofía de España Xoán Paulo II Misa Inaugural do papa Xoán Paulo II[7]
3 de setembro de 1978 Raíña Fabiola de Bélxica Xoán Paulo I Misa Inaugural do papa Xoán Paulo I[7]
3 de setembro de 1978 Gran Duquesa Josefina Carlota de Luxemburgo Xoán Paulo I Misa Inaugural do papa Xoán Paulo I[7]
3 de setembro de 1978 Raíña Sofía de España Xoán Paulo I Misa Inaugural do papa Xoán Paulo I[7]
10 de febreiro de 1977 Raíña Sofía de España Paulo VI Audiencia privada[7]
6 de maio de 1965 Gran Duquesa Xosefina Carlota de Luxemburgo Paulo VI Audiencia privada
9 de xuño de 1961 Raíña Fabiola de Bélxica Xoán XXIII Audiencia privada[7]
27 de decembro de 1939 Raíña Helena de Italia Pío XII Recepción no Palacio do Quirinale
27 de decembro de 1939 Princesa María Xosé do Piamonte Pío XII Recepción no Palacio do Quirinale
23 de xaneiro de 1939 Princesa María de Savoia Pío XI Audiencia privada despois do matrimonio
8 de xaneiro de 1930 Princesa María Xosé do Piamonte Pío XI Audiencia privada despis do matrimonio
28 de decembro de 1929 Princesa María Adelaida de Savoia Pío XI Audiencia privada [9]
7 de decembro de 1929 Princesa Xoana de Savoia Pío XI[10] Audiencia privada
7 de decembro de 1929 Princesa María de Savoia Pío XI Audiencia privada[10]
5 de decembro de 1929 Raíña Helena de Italia Pío XI Audiencia privada[7]
7 de xuño de 1929 Raíña Helena de Italia Pío XI Audiencia privada
19 de novembro de 1923 Raíña Vitoria Uxía de Battenberg Pío XI Audiencia privada
  1. Daud (30 de xuño de 2014). "¿Cómo vestir para una audiencia con el papa Francisco?". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2022. Consultado o 29 de abril de 2022. 
  2. Daud (30 de xuño de 2014). "¿Cómo vestir para una audiencia con el papa Francisco?". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2022. Consultado o 29 de abril de 2022. 
  3. Daud (30 de xuño de 2014). "¿Cómo vestir para una audiencia con el papa Francisco?". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2022. Consultado o 29 de abril de 2022. 
  4. "Marina in San Pietro con tailleur bianco", Corriere della Sera (19 de maio de 2003).
  5. "Cherie Blair gets surprise audience with Pope". the Guardian (en inglés). 2006-04-28. Consultado o 2022-01-08. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 "Politicos and Popes: Mantilla Action in the Vatican".
  7. 7,00 7,01 7,02 7,03 7,04 7,05 7,06 7,07 7,08 7,09 7,10 7,11 7,12 "Privilège du blanc".
  8. "Luxembourg's royal family visits the Pope", Arquivado 24-09-2015 en Wayback Machine. Hello Magazine.
  9. "ITALIAN PRINCES SEE POPE.; Duke and Duchess of Genoa Among Seven of House of Savoy Present.". The New York Times (en inglés) (The New York Times Building, 620 Eighth Avenue, New York City, 10018: The New York Times Company). 29 de decembro de 1929. ISSN 0362-4331. OCLC 1645522. Consultado o 8 de xuño de 2016. Pope Pius received additional Princes of the ruling House of Savoy in audience today. They included the Duke and Duchess of Genoa, the Prince of Udine, the Duke of Pistoia, the Duke of Bergamo, Princess Maria Adelaide and the Duke of Ancona. 
  10. 10,0 10,1 "Prince and Sisters Pay Visit to Pope", New York Times (8 de decembro de 1929), 5.