Procapra
Procapra | |||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Gacela de Mongolia (Procapra gutturosa) | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Procapra picticaudata Hodgson, 1846 [1] | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Especies e subespecies | |||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Procapra é un xénero de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos.[1][2]
O xénero integra tres especies de gacelas propias das estepas e os desertos da Asia central.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi creado polo naturalista e etnólogo británico Brian Houghton Hodgson, que viviu moitos anos na India británica, onde foi funcionario público (resident) e, de 1820 a 1843, no Nepal, tempo durante o cal escribiu e publicou extensamente sobre cultura, relixión, historia natural, arquitectura, etnografía e lingüística do país nepalés.[4][5] nun traballo publicado en J. Asiat. Soc. Bengal, 15: 334.[1][6]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Procapra está formado polos elementos pro-, derivado da preposición latina pro, que significa, entre outras cousas, 'diante de', e -capra, do substantivo latino capra, 'cabra'. Literalmete, 'antecesor das cabras'.
Sinónimo
[editar | editar a fonte]O xénero, ademais do nome que lle adxudicou Hodgson, e actualmente válido, tamén se coñeceu polo sinónimo:
Espacecies e subespecies
[editar | editar a fonte]A totalidade dos autores coinciden en recoñecer no xénero tres especies, coas subespecies que se indican a continuación:[1][2]
- Xénero Procarpa Hodgson, 1846
- Especie Procapra gutturosa (Pallas, 1777)
- Especie Procapra picticaudata Hodgson, 1846
- Especie Procapra przewalskii (Büchner, 1891)
- Procapra przewalskii diversicornis (Stroganov, 1949)
- Procapra przewalskii przewalskii (Büchner, 1891)
Paleontoloxía e evolución
[editar | editar a fonte]Os fósiles máis antigos pertencencentes ao xénero Procapra datan do plioceno tardío ou do plistoceno temperán de Asia central, época na que o seu clima era máis húmido e cálido que agora. O xénero, segundo parece, evolucionou a partir de animaies similares a Gazella sinensis, unha gacela do plioceno,[10] e sábese que estes animais foron cazados polos primeiros humanos do neolítico na zona do lago Qinghai, na actual provincia chinesa de Qinghai.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Procapra no MSW.
- ↑ 2,0 2,1 Procapra Hodgson, 1846 no ITIS.
- ↑ Myers, P., R. Espinosa, C. S. Parr, T. Jones, G. S. Hammond e T. A. Dewey (2008): The Animal Diversity Web (online). Consutado o 18 de outubro de 2018 na ADW.
- ↑ Whelpton, John (2004): "Hodgson, Brian Houghton (1801?–1894)" no Oxford Dictionary of National Biography Oxford, UK: Oxford University Press.
- ↑ Waterhouse, David, ed. (2004): The Origins of Himalayan Studies. Brian Houghton Hodgson in Nepal and Darjeeling 1820-1858. Abingdon, Reino Unido: Routledge. ISBN 978-0-4156-5058-8.
- ↑ Groves, C. P. (1967): On the gazelles of the genus Procapra Hodgson, 1846. Z. Saugetierk. Consultado o 18 de outubro de 2018 PDF Arquivado 27-07-2008 en Wayback Machine.
- ↑ Procapra en Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Volume I. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0, páx. 667.
- ↑ Malcolm C. McKenna & Susan K. Bell (1997): Classification of Mammals: Above the Species Level. New York, NY, USA: Columbia University Press. ISBN 0-2311-1013-8, páx. 437.
- ↑ Prodorcas Pocock, 1918 en Interim Register of Marina and Nonmarine Genera (IRMNG).
- ↑ Leslie, D. M. Jr. (2010). "Procapra picticaudata (Artiodactyla: Bovidae)". Mammalian Species 42 (861): 138–148. doi:10.1644/861.1.
- ↑ Rhode, D.; et al. (2006). "Epipaleolithic/early Neolithic settlements at Qinghai Lake, western China". Journal of Archaeological Science 34 (4): 600–612. doi:10.1016/j.jas.2006.06.016. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2013. Consultado o 18 de outubro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Procapra |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Procapra |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Groves, C. & Grubb, P. (2011): Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8.
- Groves, C. P. et al. (2011): "Family Bovidae (Hollow-horned rumiants)". In: Wilson, D. E. & Mittermeier, R. A. eds (2011): Handbook of the Mammals of the World. Volume II. Hoofed Mammals. Barcelona: Lynx edicions. ISBN 978-84-96553-77-4.
- Wilson, D. E., & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.