Prokip Khmelovskyi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1600 Polonia |
Morte | 22 de febreiro de 1664 (63/64 anos) Derman, Ucraína (en) |
Bispo diocesano | |
6 de maio de 1652 – ← Atanasii Krupetskyi – Antoni Terlecki (en) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica bizantina ucraína |
Educación | Collegium Hosianum (en) |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1651–), sacerdote católico |
Consagración | Antin Seliava |
Familia | |
Familia | Q63531351 |
Descrito pola fonte | Polish Biographical Dictionary (en) |
Prokip Khmelovskyi (en ucraíno: Прокіп Хмельовський; en polaco: Prokop Chmielowski, Prokop Chmielewski, Prokop Chmielecki), nado en 1600 ou 1603 en Mazovia e finado o 22 de febreiro de 1664 en Derman (hoxe no distrito de Zdolbuniv, Ucraína), foi un relixioso grecocatólico ucraíno, bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok dende 1652 até o seu pasamento.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Prokip Khmelovskyi naceu en Mazovia nunha familia da nobreza católica latina, arredor do ano 1600.[1] Quedou orfo a temperá idade, pasou ao rito bizantino, e entrou nos basilianos.[1] En 1620 comezou os seus estudos no colexio xesuíta de Braunsberg,[1] e entre 1627 e 1631 estudou no colexio xesuíta de Praga. Logo de ser ordenado sacerdote predicou en Minsk e en Žyrovicy.[1] Posteriormente foi reitor do colexio de Volodymyr dende 1639.[1]
O 24 de agosto de 1639 Kasiian Sakovych renunciou ao cargo de arquimandrita do mosteiro da Exaltación da Santa Cruz de Dubno, e Khmelovskyi pasou a ser o abade do mosteiro.[1]
Foi nomeado bispo coadxutor de Przemyśl, Sambor e Sanok xunto a Atanasii Krupetskyi en 1651, e o 2 de marzo do mesmo ano foi consagrado bispo en Polack polo metropolita Antin Seliava.[1] No mesmo ano foi tamén nomeado administrador de Lutsk-Ostroh.[1] Como coadxutor de Krupetsyi loitou por garantir os seus dereitos episcopais fronte ao ortodoxo Antonii Vynnytskyi; logo do pasamento de Krupetskyi sucedeuno como bispo diocesano, recibindo a aprobación real o 21 de setembro de 1652, o que reavivou a disputa con Vynnytskyi.[1] Non foi quen de tomar posesión da sé de Przemyśl, e estabeleceuse en Walawa, adicándose sobre todo á restauración da eparquía de Ostroh.[1]
En 1662 tomou como coadxutor a Antin Terletskyi. Enfermo e agotado, retirouse da vida activa e estabeleceuse en Derman, onde finou o 22 de febreiro de 1664.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 Gajek, Jan Sergiusz; Nabywaniec, Stanisław (1998). Unia Brzeska z perspektywy czterech stuleci. Teologia w dialogu (en polaco) 8. Red. Wydawnictw KUL. ISBN 9788322806005.