Protein Data Bank
Protein Data Bank | |
---|---|
Tipo | crystallographic database |
Data de fundación | 1971 |
Na rede | |
http://www.wwpdb.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Protein Data Bank ou PDB (Banco de Datos de Proteínas) é unha base de datos en Internet coa estrutura tridimensional das proteínas e os ácidos nucleicos, que se atopan baixo licenza de dominio público e poden ser empregados libremente.
Historia
[editar | editar a fonte]O PDB foi fundado no 1971 polos doutores Edgar Meyer e Walter Hamilton, do Brookhaven National Laboratory. No 1988, a xestión da base de datos foi transferida ao Research Collaboratory for Structural Bioinformatics (RCSB); actualmente a sede do proxecto se atopa na Universidade de Rutgers e está dirixido por Helen M. Berman.
Cando se fundou, o PDB contaba só con sete estruturas de proteínas. Dende entón, experimentou un crecemento exponencial[1] no seu número de estruturas, analizado por diversos estudos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2007. Consultado o 21 de decembro de 2014.