Prusias I
Nome orixinal | (el) Προυσίας Α |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século III a. C. Reino de Bitinia |
Morte | 182 a. C. Bursa, Turquía |
King of Bithynia (en) | |
228 a. C. – 182 a. C. | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Período de tempo | Período helenístico |
Familia | |
Familia | Boteirid dynasty (en) |
Cónxuxe | Apama |
Fillos | Prúsias II |
Pai | Ziaelas of Bithynia |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Description of Greece (en) , (sec:8.11.11) |
Prusias I (Προυσίας, Prousías), rei de Bitinia reinou do -228 ao -182. Sucedeu ao seu pai, Cielas. É coñecido sobre todo por acoller a Haníbal na súa fuxida dos romanos. Foi sucedido polo seu fillo Prusias II.
A súa política caracterizouse pola súa alianza cos macedonios e inimizade cara Pérgamo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Loitou con Filipo V de Macedonia contra Atalo I e trala súa vitoria e destrución das cidades de Cío e Mirlea, fóronlle entregas por Filipo no -202, data na que pasaron a formar parte do reino de Bitinia, segundo refire Estrabón e confirma unha pasaxe de Hermipo de Bérito. Non así Estevo de Bizancio, que di que Mirlea foi fundada polo rei bitinio Nicomedes II (-128 - -128/-127), que lle puxo o nome de Apamea pola súa nai.
Corsten sinala que a destrución do -202 non foi total e que a cidade se mantivo, mais non obtivo dereitos de cidadanía e un sucesivo troco de nome até Nicomedes.
Trala batalla de Cinoscéfalos no -197, Filipo tivo que abandonar as cidades gregas.
Quincio Flaminino informou ao rei Prusias de que os romanos estaban de acordo en que a cidade de Cío ficara incluída no reino de Bitinia.
Prusias abandonou a Frixia en virtude dun acordo cos atálidas
No -195, Haníbal chegou, fuxindo de Cartago, á corte de Antíoco III, pero á raíz da vitoria romana na batalla de Magnesia xunto ao río Sípilo no -189, Antíoco, que debía entregarllo aos romanos como parte das condicións da paz de Sardes, déixao fuxir, e Haníbal foi refuxiarse ao reino bitinio.
Tras esta vitoria romana o Senado romano obrigou a Prusias a entregar a Frixia Helespóntica ao rei Eumenes II de Pérgamo.
Este evento provocou unha guerra entre Bitinia e Pérgamo (-186 – -183), que rematou coa retirada de Haníbal, comandante da frota bitinia, a pesar da súa gran campaña, e coa entrega acordada de Frixia Helespóntica por Prusias aos atálidas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Prusias I |