Quinto óso metacarpiano
Aparencia
Quinto óso metacarpiano | |
---|---|
Quinto metacarpiano | |
Os cinco metacarpianos numerados | |
Latín | ossa metacarpalia V |
Gray's | pág.228 |
O quinto óso metacarpiano é un dos cinco ósos do metacarpo. Dos cinco é o máis medial. Na parte superior artéllase co óso ganchudo, pertencente ao carpo. Na parte máis externa da base, artéllase co cuarto óso metacarpiano. Na superficie interna posúe unha tuberosidade para a inserción do músculo extensor cubital do carpo. A superficie dorsal está separada por unha crista ósea oblicua que discorre dende o lado interno da base ata o lado externo da cabeza.
A superficie lateral presta a inserción para o cuarto músculo interóseo dorsal. A superficie interna está marcada polo paso do tendón do músculo extensor do dedo maimiño.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.