Rádio Renascença
A Rádio Renascença é unha canle de radio portuguesa de inspiración católica e pertencente á Igrexa Católica a través do grupo r/com - Renascença Comunicação Multimédia.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundada por Monseñor Manuel Lopes da Cruz, as emisións experimentais tiveron inicio en xuño de 1936 cun emisor instalado en Lisboa. A 1 de xaneiro do ano seguinte iniciáronse as emisións regulares[1]. Un mes despois do inicio das emisións diarias, os estudios da rúa Capelo ficaron preparados e a Rádio Renascença instalouse nese local onde aínda hoxe permanece.
A emisora tivo un papel importante durante a Revolución dos Caraveis, pois dende ela foi emitida a canción Grândola, Vila Morena, sinal para o comezo do levantamento militar contra a ditadura do Estado Novo. En 1975 foi ocupada por un grupo de traballadores, mais en decembro dese mesmo ano foi devolvida á Igrexa Católica e nunca chegou a ser nacionalizada.
En 1986 a Rádio Rensacença pasa a emitir dúas programacións distintas, 24 horas por día, a través da Rádio Rensacença (OM e FM nacionais) e da RFM (FM nacional). En 1998 crea Mega Hits FM, e, en 2008, a Rádio Sim.
Alén destas canles, a Rádio Rensacença emitía programación de ámbito rexional en OM e FM a partir de estudios propios instalados en diversas cidades, coma Braga, Chaves, Elvas, Évora, Leiria, Lisboa, Porto e Viseu, até o 4 de agosto de 2008, día no que as emisoras rexionais se converteron en emisoras rexionais estéreo da nova Rádio Sim.
Rádio Rensacença tamén emite a través de Internet para todo o mundo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ribeiro, 2002: 22 A Rádio Renascença e o 25 de Abril, Lisboa: Universidade Católica Editora.