Saltar ao contido

Río Gobela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Gobela
Imaxe
Tiporío
curso de auga Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaPaís Vasco, España e Biscaia, España Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaBiscaia, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRía de Bilbao e Río Ibaizabal Editar o valor en Wikidata
DesembocaduraRía de Bilbao Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónPaís Vasco Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°23′38″N 2°58′30″O / 43.393868, -2.975108
43°18′50″N 2°59′35″O / 43.31388, -2.993086
Conca hidrográficaRío Ibaizabal Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións9 (lonxitude) km

O Gobela é un río de Biscaia, España. Nace en Barrika e desemboca na ría do Nervión-Ibaizabal (a ría de Bilbao), entre Leioa e Erandio logo de 9 Km.

É un río moi contaminado, debido á abundancia de industria na súa contorna, e a que atravesa zonas moi poboadas.

Curso actual e afluentes

[editar | editar a fonte]

Nace no monte Gañes, en Barrika. Na súa cabeceira recibe o nome de arroio Genabarri, ata que na veiga de Urko, en Sopelana, recibe as augas dos arroios Lemosas e Saitu.

En Getxo recibe os regatos Martiartu e Bolue. Na desembocadura deste último atópase a zona húmida de Bolue, un dos espazos naturais de máis interese faunístico da localidade.

O seu último tramo adquire forma de ría. Desde o século XIX, recibe ao arroio Udondo, para desembocar pouco despois na ría do Ibaizabal-Nervión.

Recibe ademais augas pluviais recollidas polos sistemas artificiais de colectores das rúas de Sopelana, Getxo Leioa. A súa canle atópase soterrado en parte do seu percorrido.

Durante séculos desembocaba máis cerca do Abra, fronte a Portugalete, contribuíndo a formar unha barra de area na boca da ría, que cambiaba de altura e posición dependendo das mareas. Esta barra diminuía o calado de partes da ría, e dificultaba sensiblemente o paso de grandes barcos. Por iso, xa no século XVII dábanse instrucións aos barcos para soltar lastre na parte dereita da ría, co fin de afianzar o leito.

A mediados do século XIX, Máximo de Aguirre, propietario dos areais de Lamiako, promoveu as obras que cambiaron o curso do río, desviándoo por un tramo chairo e paralelo ao do Nervión, ata atoparse co arroio Udondo, e canalizando a súa actual desembocadura, no límite entre Leioa e Erandio.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]