República Socialista Soviética de Belarús
Беларуская Савецкая Сацыялістычная Рэспубліка (be) | |||||
Himno | Anthem of the Byelorussian Soviet Socialist Republic (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Proletarios de todos os países» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado histórico | República Socialista Soviética Lituano-Bielorrussa (pt) | ||||
Capital | Minsk (1919–1991) | ||||
Contén a división administrativa | Babruysk Voblast (en) (1944–1954) Baranavichy Voblast (en) (1939–1954) Belastok Region (en) (1939–1945) Homieĺ Maladziečna Voblast (en) (1944–1960) Polesia Region (en) (1938–1954) Provincia de Grodno Rexión de Bierascie Rexión de Mahilioŭ Rexión de Minsk Voblast de Viciebsk (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.300.000 (1991) (49,61 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua belarusa lingua rusa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | República Socialista Soviética Federativa de Rusia (1919–1919) República Socialista Soviética Lituano-Bielorrussa (pt) (1919–1919) Unión Soviética (1922–1991) | ||||
Superficie | 207.600 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1919 | ||||
Disolución | 25 de agosto de 1991 | ||||
Sucedido por | Belarús | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república soviética | ||||
Membro de | Tratado de Belavezha Tratado de Creación da URSS Unión Soviética (1922–1991) ONU (1945–1991) UNESCO (1954–1991) | ||||
Moeda | Rublo soviético | ||||
Identificador descritivo | |||||
Dominio de primeiro nivel | sen valor | ||||
Código de país | sen valor e BY | ||||
A República Socialista Soviética de Belarús (en belaruso: Беларуская Савецкая Сацыялістычная Рэспубліка) foi un dos membros fundadores da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas en 1922, xunto á RSS de Ucraína, a RSSF Transcaucásica e a RSSF de Rusia. Tamén foi coñecida co nome de Rusia Branca.
A capital da República era Minsk. A República Socialista Soviética de Belarús foi creada o 1 de xaneiro de 1919.
Historia
[editar | editar a fonte]Parte do Imperio Ruso antes da primeira guerra mundial, Belarús declarou a súa independencia o 25 de marzo de 1918, formando a República Nacional de Belarús. A república tivo, de todas formas, unha curta vida, e o réxime foi derrocado trala retirada alemá. En 1919 Belarús converteuse na República Socialista Soviética de Belarús, e "ingresou" na República Socialista Soviética Lituano-Belarusa. Trala guerra polaco-soviética rematada en 1921, as terras de Belarús foron divididas entre Polonia e a RSS de Belarús, que converteuse nun membro fundador da URSS en 1922. En setembro de 1939, a Unión Soviética anexionouse a Belarús polaca como resultado do Pacto de Molotov-Ribbentrop.
Trala segunda guerra mundial, a RSS de Belarús obtivo voz na Asemblea Xeral da ONU xunto á Unión Soviética e a RSS de Ucraína, converténdose nun dos membros fundadores da ONU.
Tralo Golpe de Estado de Agosto, o Soviet Supremo de Belarús declarou a independencia da URSS o 25 de agosto de 1991. A república cambiou o nome polo de República de Belarús o 19 de setembro de 1991. O 8 de decembro de 1991 foi asinante, xunto a Rusia e Ucraína, dos Acordos de Belavezha, que substituíron a URSS pola Comunidade de Estados Independentes (CEI).