Repolo
Repolo | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Repolos nunha leira | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome trinomial | |||||||||||||||
Brassica oleracea var. capitata L. (1753) |
O repolo (Brassica oleraceae var. capitata)[1] é unha variedade de col, planta comestible da familia das brasicáceas. É unha herbácea bienal, cultivada como anual, cuxas follas poden ser ovais, oblongas ou lisas e forman unha cabeza moi característica.
As diferentes variedades foron obtidas a partir da especie brava, coñecida xa desde hai séculos, a través dos cruzamentos e da selección para as adaptar a condicións climáticas diferentes.
Emprégase moito na gastronomía galega, especialmente polo inverno, en caldos e cocidos.
Cultivo
[editar | editar a fonte]O seu cultivo como verdura destinada á alimentación humana e animal remóntase á antigüidade e estendeuse a partir de formas salvaxes orixinarias da Europa meridional.
O repolo ou col pode sementarse nun primeiro momento en interiores (en sementeiro ou alcouve) ou directamente no exterior. Como todos os membros da familia das Brassicaceae, ten a súa colleita nas épocas máis frescas do ano, aínda que preferentemente en outono.
O control dos parasitos dos cultivos é de grande importancia, en particular en relación ós ataques das eirugas de moitas bolboretas da familia das Pieridae.
Variedades
[editar | editar a fonte]Existen dúas variedades principais de repolos: as de cedo (temperás) e as serodias.
- Repolo de cedo: as variedades temperás maduran en 50 días aproximadamente. Producen ollos pequenos e destínanse ó consumo inmediato, xa que non resisten o almacenamento.
- Repolo serodio: as variedades serodias maduran ós 80 días, producen ollos moito máis grandes e destínanse á provisión invernal.
-
repolos comúns
(B. oleracea var. capitata f. alba) -
col de Filder
(B. oleracea var. capitata f. acuta) -
col lombarda
(B. oleracea var. capitata f. rubra) -
col de Saboya
(B. oleracea var. sabauda).
Consumo
[editar | editar a fonte]Consómese tanto cociñado como en ensalada e pódese conservar cocido, conxelarse tras escaldar primeiro e incluso preparalo como chucrut (col fermentada que se utiliza como condimento ou acompañamento).
Composición e propiedades
[editar | editar a fonte]Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 103 kJ (25 kcal) |
5.8 g | |
Azucres | 3.2 g |
Fibra alimentaria | 2.5 g |
0.1 g | |
1.28 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Tiamina (B1) | 5% 0.061 mg |
Riboflavina (B2) | 3% 0.040 mg |
Niacina (B3) | 2% 0.234 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 4% 0.212 mg |
Vitamina B6 | 10% 0.124 mg |
Ácido fólico (B9) | 11% 43 μg |
Vitamina C | 44% 36.6 mg |
Vitamina K | 72% 76 μg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 4% 40 mg |
Ferro | 4% 0.47 mg |
Magnesio | 3% 12 mg |
Manganeso | 8% 0.16 mg |
Fósforo | 4% 26 mg |
Potasio | 4% 170 mg |
Sodio | 1% 18 mg |
Cinc | 2% 0.18 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Fluoruro | 1 µg |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
O repolo é rico en vitaminas C e A, calcio e β-caroteno, ademais de ter un alto contido de fibra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Manuel González González, Dicionario de alimentación e restauración - galego-castelán-inglès Arquivado 24 de maio de 2015 en Wayback Machine., Termigal. Real Academia Galega. Edita Xunta de Galicia, 2012. (Repolo: p. 211, 266)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Repolo |