Ricla
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Aragón | |||
Provincia | Provincia de Zaragoza | |||
Capital | Ricla | |||
Poboación | ||||
Poboación | 2.987 (2023) (32,94 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 90,66669 km² | |||
Altitude | 364 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Santo padrón | María Magdalena | |||
Organización política | ||||
• Alcalde | Francisco Blas Romeo Mañas (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 50270 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 50225 | |||
Páxina web | ricla.es | |||
Ricla é un concello español da provincia de Zaragoza, na comunidade autónoma de Aragón, situado na comarca de Valdejalón. A súa poboación era de 2.721 habitantes no ano 2006 e unha densidade de 30 hab/km².
Xeografía
[editar | editar a fonte]O municipio está localizado na conca do río Jalón, na depresión do Ebro. Hai nel extensos afloramentos dos períodos xurásico e cretáceo, que orixinan recheos en costa, e aparecendo fósiles de abondo nas capas. Ocupa unha superficie de 90,7 km²
Historia
[editar | editar a fonte]Ricla foi reconquistada en 1120 por Afonso I de Aragón. Estivo poboada por mouros moito tempo polo tanto. Cabaleiros e nobres, como Ato Orella e Lope López, floreceron na tenencia de Ricla. Desde finais do século XII houbo aquí unha encomenda templaria, que ostentaba os títulos de Ricla e Calatayud, até que en 1289 a encomienda foi trasladada para a última cidade.
Nome
[editar | editar a fonte]O nome é de orixe xermana. Segundo Corominas remonta ao antropónimo godo Rikila. Na Idade Media o topónimo aparece documentado tamén como Arricla, con a- protético.
Festas
[editar | editar a fonte]- San Blas, 3 de febreiro.
- San Teopompo e San Sinesio, 21 de maio .
- A Virxe do Carmo, 16 de xullo .
- Santa María Magdalena, 22 de xullo.