Saltar ao contido

Robert Rodriguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRobert Rodriguez

(2007) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Robert Anthony Rodríguez Editar o valor en Wikidata
20 de xuño de 1968 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
San Antonio, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónMoody College of Communication (en) Traducir
St. Anthony Catholic High School (en) Traducir
Universidade de Texas en Austin
St. Anthony Catholic School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, montador, actor de cinema, cámara, deseñador de produción, compositor, músico, director de fotografía, produtor de cinema, guionista, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1991 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Familia
CónxuxeElizabeth Avellan (1990–2006) Editar o valor en Wikidata
ParellaRose McGowan (2007–2009) Editar o valor en Wikidata
FillosRogue Rodriguez
 () Elizabeth Avellan
Rocket Rodriguez
 () Elizabeth Avellan
Racer Rodriguez
 () Elizabeth Avellan
Rebel Rodriguez
 () Elizabeth Avellan
Rhiannon Rodriguez
 () Elizabeth Avellan Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webtroublemakerstudios.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001675 Allocine: 8762 Rottentomatoes: celebrity/robert_rodriguez Allmovie: p151002 TCM: 163916 TV.com: people/robert-rodrguez
Facebook: robertrodriguezofficial Twitter: Rodriguez Instagram: rodriguez BNE: XX1027419 Musicbrainz: d3883e2f-691d-48eb-92a6-770c1dcd98d9 Songkick: 298732 Discogs: 65543 Editar o valor en Wikidata

Robert Anthony Rodríguez, nado en San Antonio (Texas) o 20 de xuño de 1968, é un director de cine estadounidense, ademais de guionista, produtor e músico. É coñecido por realizar diversos filmes, tanto independentes como de estudio, con poucos orzamentos. Principalmente roda e produce as súas películas nos estudios Troublemaker, dos que é dono, sitos en Austin, Texas.

A súa carreira en Hollywood comezou grazas á súa ópera prima, titulada O mariachi (1993).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É o terceiro dos oito fillos dunha familia de pais inmigrantes mexicanos. Despois de rematar o instituto, estudou na Universidade de Texas.

Eu 1993 estreou O mariachi, que escribiu, dirixiu, fotografou, montou e gravou o son cun orzamento de 7.000 $. Columbia Pictures comproulle os dereitos e asinou un contrato de dirección de dous anos con Rodríguez. O mariachi, estreado en lingua castelá, gañou o Premio do Público á Mellor Película Dramática do Festival de Cine de Sundance, como tamén outros galardóns nos festivais de Berlín, Múnic, Edimburgo, Deauville e Yubari.

Despois escribiu, produciu, dirixiu e montou Desperado (1995), unha secuela de O mariachi, para Columbia Pictures. Esta película deu a coñecer a Salma Hayek ao público norteamericano, así como a Antonio Banderas nun papel protagonista. Rodríguez tamén escribiu, dirixiu e montou The Misbehavers (1995), que tamén protagonizou Antonio Banderas e que constitúe unha das catro partes de Four Rooms, de Miramax Films. Máis tarde, formou equipo con Quentin Tarantino en Aberto ata o amencer, de Dimension Films. Rodríguez dirixiu un elenco de actores que incluía a Tarantino, que se encargou de escribir o guión. O seguinte proxecto como realizador de Rodríguez foi The Faculty (1998), de Dimension Films, protagonizada por Josh Hartnett, Elijah Wood e Jordana Brewster.

En 2001, Robert Rodríguez creou Spy Kids, un éxito que foi espremido con Spy Kids 2 e Spy Kids 3-D: Game Over', que se estreou en Estados Unidos o 25 de xullo de 2003.

Logo no 2003 estreou a terceira entrega da triloxía O mariachi, O mexicano.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Estivo casado con Elizabeth Avellán desde 1990 até 2007, divorciándose dela pouco tempo despois de rodar o seu filme Planet Terror, cando iniciou unha relación sentimental coa actriz Rose McGowan, coa cal estivo prometido pero que se deixaron trala rodaxe de Machete

É curmán do actor Danny Trejo, co que colaborou en varias películas como, por exemplo, From Dusk Till Dawn (1996), Spy Kids (2001), ou Machete (2010).

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Rodríguez canda Quentin Tarantino.