Robert Urich
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (nb) Robert Michael Urich 19 de decembro de 1946 Toronto (Estados Unidos de América) | ||||||||||||||||
Morte | 16 de abril de 2002 (55 anos) Thousand Oaks, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||
Causa da morte | cancro | ||||||||||||||||
Educación | Universidade Estatal de Florida Universidade Estatal de Míchigan | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | actor, produtor de televisión | ||||||||||||||||
Período de actividade | 1972 - 2002 | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||
Cónxuxe | Heather Menzies (1975–2002) | ||||||||||||||||
Irmáns | Tom Urich | ||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||
|
Robert Urich, nado o 19 de decembro de 1946 en Toronto (Ohio) e finado o 16 de abril de 2002 en Thousand Oaks, foi un actor estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Urich naceu nunha familia de orixe rutena e eslovaca, entrou na Universidade Estatal de Florida cunha bolsa atlética de fútbol americano, graduándose en comunicacións radiotelevisivas, completando os seus estudos na Universidade Estatal de Míchigan, como actor comezou a aparecer en episodios de series de televisión en 1972. Protagonizou Bob & Carol, & Ted & Alice (1973), unha versión televisiva do filme do mesmo nome que se cancelou aos dous meses de emisión. Urich fíxose popular pola serie S.W.A.T. (1975-1976) onde deu vida ao oficial Jim Street, participou tamén na comedia de situación Soap (1977) e en Tabitha (1977). Na década de 1980 protagonizou a serie de detectives Vega$ (1978–1981), o filme de ciencia ficción The Ice Pirates (1984) e a serie policíaca Spenser: For Hire (1985–1988). En 1996 mentres protagonizaba a serie The Lazarus Man descubrise que tiña sarcoma sinovial, un raro tipo de cancro, e Urich pasou os últimos anos da súa compaxinando o tratamento contra a enfermidade coa súa carreira.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Actor Robert Urich dead at 55". CNN. April 16, 2002. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2010. Consultado o 29 de xaneiro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robert Urich |
- Actores de Ohio
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de teatro dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Produtores de televisión
- Nados no condado de Jefferson, Ohio
- Nados en 1946
- Finados en 2002
- Estadounidenses de ascendencia eslovaca
- Estadounidenses de ascendencia rutena
- Alumnos da Universidade Estatal de Michigan