Saltar ao contido

Rodolfo Fischer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rodolfo Fischer
Información persoal
Nome Rodolfo José Fischer Eichler
Nacemento 16 de xullo de 1944
Lugar de nacemento Oberá
Falecemento 16 de outubro de 2020
Altura 177 centímetros
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
1963–1965 San Lorenzo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1965–1972 San Lorenzo 271 (total) (141)
1972–1976 Botafogo
1976 EC Vitória
1977–1978 San Lorenzo
1979 Once Caldas 40 (10)
1980 Sarmiento 18 (4)
1981 Sportivo Belgrano 3 (1)
Selección nacional
1967–1972 Arxentina 35 (12)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Rodolfo José Fischer Eichler, alcumado Lobo, nado en Oberá, Misiones, o 2 de abril de 1944 e finado o 16 de outubro de 2020,[1] foi un futbolista arxentino. Está considerado como un dos mellores dianteiros da historia do San Lorenzo de Almagro, co que gañou tres ligas arxentinas nas décadas de 1960 e 1970. Militou tamén entre outros no Botafogo brasileiro e no Once Caldas colombiano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Fischer marcando contra o River Plate en 1967.

Naceu o 2 de abril de 1944 en Oberá, na provincia de Misiones, sendo fillo dun brasileiro e unha alemá. En 1963 incorporouse aos xuvenís do San Lorenzo de Almagro de Buenos Aires.

San Lorenzo de Almagro

[editar | editar a fonte]

Debutou co primeiro equipo de San Lorenzo en 1965, nunha vitoria por 4-2 nun clásico contra Huracán no que marcou dous goles.[2] En 1968, co brasileiro Tim como adestrador e con Pedro González e Veglio como compañeiros de ataque, gañou o Campionato Metropolitano de xeito invicto, anotando o gol do título na prórroga da final contra o Estudiantes.[2] En 1969 foi o máximo goleador do Campionato Nacional e mantívose entre os máximos anotadores durante os seguintes anos.

En 1972 gañou tanto o Campionato Metropolitano como o Nacional, contribuíndo con destacadas actuacións como a do triplete que marcou na goleada por 4-0 sobre o River Plate en abril de 1972.[3]

En 1972 foi traspasado por un millón de cruzeiros brasileiros ao Botafogo do Río de Xaneiro, onde militou durante os seguintes catro anos, compartindo equipo con destacados xogadores como Jairzinho. En 1976 deixou o club sendo naquel momento o estranxeiro con máis partidos da historia do club (180), marca que se mantivo vixente durante case medio século, ata que foi superada en 2022 polo tamén arxentino Joel Carli.[4] Ademais anotou

A continuación trasladouse ao nordeste brasileiro, onde fichou polo EC Vitória de Salvador, onde volveu ter como adestrador a Tim.[5] No equipo baiano anotou 34 en 41 partidos. Deixou o Brasil como o estranxeiro con maior número de goles na historia do Campionato Brasileiro ata aquel entón.

En 1977 volveu á Arxentina para xogar de novo no San Lorenzo, no que militou ata 1978 elevando as súas cifras no club ata os 271 partidos e 141 goles, o que o converte no cuarto máximo goleador da historia do club.

En 1979 marchou ao estranxeiro unha vez máis para xogar no Once Caldas de Manizales, Colombia, co que marcou 11 goles en 40 partidos de liga. Puxo fin á súa carreira na Arxentina en 1981, despois de ascender á máxima categoría arxentina co Sarmiento de Junín e de militar unha última campaña no Sportivo Belgrano da provincia de Córdoba.

Selección arxentina

[editar | editar a fonte]

Foi 35 veces internacional coa selección arxentina, coa que marcou 12 goles. Disputou o seu último partido coa Arxentina en xullo de 1972 no estádio do Maracanã de Río de Xaneiro na Copa Independencia do Brasil.

Trala súa retirada viviu nunha granxa do interior da Arxentina, ata que faleceu o 16 de outubro de 2020, aos 76 anos de idade.[1]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
San Lorenzo
  1. 1,0 1,1 "Murió el Lobo Fischer, una leyenda del "Ciclón"" (en castelán). 16 de outubro de 2020. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Guiñazú, Daniel (17 de outubro de 2020). "El Lobo Fischer, un delantero de época" (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  3. "Lobo Fischer" (en castelán). Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  4. "Botafogo 5 x 0 Volta Redonda" (en portugués). 07 de marzo de 2022. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  5. Rozenberg, Marcelo. "Fischer - Que fim levou?" (en portugués). Consultado o 28 de setembro de 2022.