Saltar ao contido

Russell Begaye

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRussell Begaye

Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoShiprock, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Presidente da Nación Navajo
12 de maio de 2015 – 8 de xaneiro de 2019
← Ben ShellyJonathan Nez → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo navajo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Os Ánxeles - grao en Artes Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata

Russell Begaye, nado en Shiprock, Novo México, é un político do pobo navajo que foi o presidente da Nación Navajo dende o 2015 até o 2019. É o segundo navajo de Novo México que se converteu en Presidente dos navajo, malia non ser falante nativo de Diné, o idioma navajo.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación

[editar | editar a fonte]

En 1974, Begaye graduouse en Ciencias Políticas na Universidade de California nos Ánxeles (UCLA). En 1977, conseguiu o mestrado en Divindade, que é como se denominan os estudos teolóxicos nos Estados Unidos, do Southwestern Baptist Theological Seminary en Fort Worth, Texas.[2]

De 1977 a 2011, Begaye traballou para a Xunta de Misións de América do Norte. A partir de 2011, serviu no Consello da Nación Navajo ata a súa elección para a presidencia o 4 de abril de 2015[3] e tomou posesión do mesmo o 12 de maio de 2015.[4] Permaceu no cargo ata o 8 de xaneiro de 2019, en que o sucedeu o, ata entón vicepresidente, Jonathan Nez.

En 2022, presentouse ás eleccións para o Consello da Nación Navajo.[5]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Begaye estivo casado con Kyoon Chung Begaye, unha dentista de Atlanta, quen non participaba nos asuntos da Nación Navajo polo que, durante o período da súa presidencia, foi a esposa do vicepresidente Jonathan Nez que realizou as funcións de Primeira Dama.[2] En 2016, Begaye informou que tras 17 anos xuntos, o matrimonio rematara.[6]

  1. Canava, Samantha (23 de abril de 2016). "Mother Tongue: The Navajo Nation Revives Diné". thepolitic.org (en inglés). Consultado o 13 de outubro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Fonseca, Felicia (29 de maio de 2015). "With absence of Navajo president’s wife, VP’s spouse to take job of first lady". santafenewmexican.com (en inglés). Consultado o 13 de outubro de 2022. 
  3. Skinner, Curtis. "Russell Begaye wins Navajo Nation presidency after delayed vote". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2015. Consultado o 19 de maio de 2015. 
  4. Smith, Noel Lyn. "Navajo President-elect Russell Begaye to take office Tuesday". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2015. Consultado o 19 de maio de 2015. 
  5. Smith, Noel Lyn (2022). "Filing period for tribe's primary election closes with 15 registering for Navajo president". eu.daily-times.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2022. Consultado o 13 de outubro de 2022. 
  6. Redacción/Associated Press (15 de abril de 2016). "Navajo President Says Relationship With Wife Has Ended". knau.org (en inglés). Consultado o 13 de outubro de 2022. 
Predecesor:
Ben Shelly
Presidente da Nación Navajo
2015-2019
Sucesor:
Jonathan Nez