Síndrome de sobrecrecemento bacteriano
Síndrome de Supercrecemento Bacteriano (SIBO) | |
---|---|
Sinónimo | Síndrome de Sobrecrecemento Bacteriano do Intestino Delgado (SBBOS polas siglas en inglés) |
Especialidade | Gastroenteroloxía |
Síntomas | Náuseas, sensación de inchazo na barriga, vómitos, diarrea, desnutrición, perda de peso |
Complicacións | Malabsorción, anemia, deficiencias nutricionais |
Duración | Varía, pode ser crónico se non tratado |
Causas | Crecemento excesivo de bacterias no intestino delgado |
Diagnóstico | Medición de bacterias no xexuno, análise do alento |
Condicións semellantes | Síndrome do intestino irritable, Doenza de Crohn, colite ulcerosa |
Prevención | Non especificada |
Tratamento | Dieta elemental, antibióticos, medicamentos proquinéticos |
Medicación | Antibióticos (por exemplo, rifaximina) |
Prognose | Boa con tratamento, aínda que pode haber recidivas |
Frecuencia | Descoñecida, pero estimada entre 6% e 15% da poboación (dependendo dos criterios diagnósticos) |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A síndrome de crecemento excesivo bacteriano, SIBO polas súas siglas en inglés (Small intestinal bacterial overgrowth),[1] é un trastorno caracterizado por un crecemento excesivo de bacterias no intestino delgado. A diferenza do intestino groso, que é rico en bacterias, o intestino delgado xeralmente contén menos de 10000 organismos por mililitro.[2] Os factores de risco inclúen dismotilidade, alteracións anatómicas intestinais e o uso de certos medicamentos.
Causas
[editar | editar a fonte]Certas persoas son máis propensas ao desenvolvemento de supercrecemento bacteriano debido a varios factores de risco.
Estes factores agrúpanse en catro categorías:
- trastornos de motilidade ou cambios anatómicos no intestino delgado
- trastornos do sistema inmunitario
- interferencia coa produción de encimas proteolíticas, ácido gástrico ou bile,
- condicións que causan un maior número de bacterias do colon para entrar no intestino delgado.
O uso de certos medicamentos, que se utilizan para reducir o ácido do estómago, tamén se asocia cun risco aumentado de desenvolver SIBO.
Diagnóstico
[editar | editar a fonte]O diagnóstico da síndrome de supercrecemento bacteriano habitualmente realízase mediante a proba de análise de alento, que é menos invasiva e máis segura que outras técnicas.
Tratamento
[editar | editar a fonte]O tratamento leva a cabo mediante unha dieta específica ou antibióticos, en ocasións seguidos de fármacos procinéticos se se sospeita que a causa é a dismotilidade.
Síntomas
[editar | editar a fonte]Os síntomas máis comúns son náuseas, sensación de inchazo na barriga, vómitos, diarrea, desnutrición, perda de peso e mala absorción intestinal.[3]
Doenzas relacionadas
[editar | editar a fonte]Estudos recentes sinalan que ata o 80% dos pacientes con síndrome do intestino irritable (SII) poden presentar SIBO2. Non obstante, o debate persiste sobre se os resultados anormais nas probas de alento na SII suxiren realmente a presenza de SIBO3.
Presenza en redes sociais
[editar | editar a fonte]É importante resaltar que, a pesar do crecente interese e discusión en redes sociais e foros de saúde en liña, a SIBO segue sendo unha doenza non moi ben definida con moitos aspectos aínda en investigación. As opinións dos expertos sobre a prevalencia, diagnóstico e tratamento do SIBO varían amplamente.[4][5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Small intestinal bacterial overgrowth (SIBO) - Symptoms & causes". Mayo Clinic (en inglés). Consultado o 2023-07-29.
- ↑ Quigley E, Quera R (2006). "Small intestinal bacterial overgrowth: roles of antibiotics, prebiotics, and probiotics". Gastroenterology 130 (2 Suppl 1): S78–90. PMID 16473077. doi:10.1053/j.gastro.2005.11.046.
- ↑ Jan Bures, Jiri Cyrany; Rstl, Stanislav Rejchrt (2010-06-28). "Small intestinal bacterial overgrowth syndrome". World Journal of Gastroenterology (en inglés) 16 (24): 2978–2990. PMC 2890937. PMID 20572300. doi:10.3748/wjg.v16.i24.2978.
- ↑ Ghoshal, Uday C.; Srivastava, Deepakshi (2014-03-14). "Irritable bowel syndrome and small intestinal bacterial overgrowth: meaningful association or unnecessary hype". World Journal of Gastroenterology 20 (10): 2482–2491. ISSN 2219-2840. PMC 3949258. PMID 24627585. doi:10.3748/wjg.v20.i10.2482.
- ↑ Sachdev, Amit H.; Pimentel, Mark (2013-09). "Gastrointestinal bacterial overgrowth: pathogenesis and clinical significance". Therapeutic Advances in Chronic Disease 4 (5): 223–231. ISSN 2040-6223. PMC 3752184. PMID 23997926. doi:10.1177/2040622313496126.
- ↑ Rezaie, Ali; Buresi, Michelle; Lembo, Anthony; Lin, Henry; McCallum, Richard; Rao, Satish; Schmulson, Max; Valdovinos, Miguel; Zakko, Salam (2017-05-01). "Hydrogen and Methane-Based Breath Testing in Gastrointestinal Disorders: The North American Consensus". The American journal of gastroenterology 112 (5): 775–784. ISSN 1572-0241. PMC 5418558. PMID 28323273. doi:10.1038/ajg.2017.46.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Síndrome de sobrecrecemento bacteriano no Manual Merck
- O SIBO nas redes sociais, unha alarma "que non existe" (gciencia.com)
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |