Sahul
Tipo | continente submerso (pt) paleocontinente (pt) | ||
---|---|---|---|
Sahul, tamén chamado continente australiano, é unha rexión xeográfica situada no continente de Oceanía, conformada por Australia, Tasmania, Nova Guinea e diversas illas adxacentes como as illas Aru e as Raja Ampat. A pesar de que Australia está separada de Papúa Nova Guinea polo estreito de Torres e de Tasmania polo de Bass, as tres masas de terra son as partes afloradas da mesma plataforma continental e están moi relacionadas dende os puntos de vista biolóxico, xeolóxico e antropolóxico.
As illas de Nova Zelandia non son consideradas parte de Sahul, pero si parte de Australasia para outros propósitos ligados coa bioxeografía.
Emprego do termo
[editar | editar a fonte]Plataforma continental Sahul
[editar | editar a fonte]A historia do termo remóntase ó século XVII no que figuraba en mapas holandeses como Sahull ou Sahoel, para referirse ós bancos de area entre Australia e Timor. A plataforma continental estableceuse en 1845 co nome de Gran Banco Australiano por G.W. Earl[1] quen apreciou que había canguros tanto en Australia como en Nova Guinea e nas illas Aru. En 1919 o xeólogo holandés Molengraaff.[2] rescata o termo.
Continente Sahul
[editar | editar a fonte]Na historia xeolóxica da Terra, denominase continente Sahul á continuidade terrestre Australia-Tasmania-Nova Guinea, dado que estaban unidos polas terras afloradas durante o Plistoceno.[3] (ver secuencia de imaxes [1] Arquivado 26 de xullo de 2017 en Wayback Machine.) Antes de 1970 chamábase Australasia,[2] nos anos 70 Grande Australia e finalmente en 1975 estendeuse o nome Sahul tanto para a plataforma como para o antigo continente.[4]
Rexión de Sahul e o continente Australia
[editar | editar a fonte]O chamado continente australiano equivale xeograficamente a Sahul. Non existe actualmente uniformidade de criterios para definir o número e a natureza dos continentes da Terra, polo que noutras culturas ou linguas como o inglés, en lugar de Oceanía preferise o emprego de continente australiano ou simplemente Australia[5][6] xerándose ambigüidade entre Australia o país e o continente co mesmo nome. Con todo o emprego de Oceanía como continente,[7][8] é un concepto máis amplo e tradicional que se emprega en gran parte do mundo, como é o caso de Latinoamérica e o Sur de Europa.
Outros termos para referirse a esta rexión empregados por biólogos e arqueólogos son Meganesia,[9] Australínea[10] e Australia-Nova Guinea.[11] En todos estes casos a definición e lindes varían segundo diversos criterios podendo ser equivalente a Sahul ou incluír ademais partes de Oceanía como Nova Zelandia ou Polinesia. Outro termo é Oceanía Próxima, empregado ás veces no ámbito lingüístico e noutros ámbitos, o cal define a parte Oeste de Melanesia[12] e ás veces inclúe a Australia.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O mar de Timor ten uns 480 km de ancho, en dirección E-O, cubrindo unha área duns 610.000 km². O seu punto máis profundo é a fosa de Timor na área norte do mar, cunha profundidade de 3.300 m. O resto do mar é moito menos profundo, sendo a súa profundidade media de menos de 200 m, ó estenderse sobre da plataforma Sahul, parte da plataforma continental australiana. O mar de Timor limita ao leste co mar de Arafura (hidrograficamente un brazo do océano Pacífico) e ao norte co mar de Banda e o mar de Savu.
O mar posúe un número de illas significativas, entre as que se atopan a illa Melville, situada fóra da costa australiana, e as illas Ashmore e Cartier, baixo goberno australiano. Crese que os primeiros poboadores que chegaron a Australia o fixeron viaxando de illa en illa a través do mar de Timor.
O mar de Timor ten dúas importantes entradas na costa norte de Australia: Polo golfo Xosé Bonaparte, na honra do irmán de Napoleón Xosé I de España, e polo golfo Van Diemen. A cidade australiana de Darwin é a única cidade importante que se atopa sobre este mar.
Este mar é unha zona de formación de tormentas tropicais e tifóns.
Reservas de hidrocarburos
[editar | editar a fonte]Baixo o mar de Timor existen importantes reservas de petróleo e gas. O campo de gas de «Greater Sunrise» é o meirande campo existente no mar de Timor e prevese que lle podería reportar a Timor Oriental un total de $4.000 millóns de dólares.
Australia e Timor Oriental tiveron unha longa disputa sobre os dereitos de explotación de petróleo e gas nunha área chamada Timor Gap. A reclamación territorial australiana esténdese até o eixo barimétrico (a liña de maior profundidade do fondo mariño) na fosa de Timor. Esta reclamación superponse nalgunhas partes coa reclamación territorial de Timor Oriental, que segue a reclamación de Portugal cando Timor era unha colonia portuguesa, que argumenta que a liña divisoria debe de ser a liña equidistante entre ambos os países.
Delimitación da IHO
[editar | editar a fonte]A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares para os efectos de navegación marítima, a Organización Hidrográfica Internacional («International Hydrographic Organization, IHO), considera o mar de Timor como un mar. Na súa publicación de referencia mundial, Limits of Oceans and seas (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asígnalle o número de identificación 48i e defíneo da seguinte forma:
No norte.
O límite sueste do mar Savu (48o), a costa sueste de Timor e o límite sur do mar de Banda (48g).
No leste.
O oeste do mar de Arafura (48h). [Unha liña dende o cabo Don hasta Tanjong Aro Oesoe, o punto meridional de Selaroe (illas Tanimbar).]
No sur.
A costa norte de Australia, dende o cabo hasta o Cabo de Don Londonderry (13°47'S, 126°55'E).
No oeste.
Unha liña dende o cabo de Londonderry, ate o punto suroeste da illa de Roti (10°56'S, 122°48'E)..Limits of oceans and seas, pág. 28.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Earle, W. (1845). On the physical structure and arrangement of the Indonesian Archipelago. Journal of the Geographical Society of London 15: 358:365
- ↑ 2,0 2,1 Ballard, Chris (1993). "Stimulating minds to fantasy? A critical etymology for Sahul". Sahul in review: pleistocene archaeology in Australia, New Guinea and island Melanesia. Canberra: Australian National University. pp. p. 17. ISBN 0-7315-1540-4
- ↑ J.F. O’Connella, J. Allen 2003 Dating the colonization of Sahul (Pleistocene Australia–New Guinea): a review of recent research Arquivado 03 de novembro de 2013 en Wayback Machine.
- ↑ Allen, J.; J. Golson and R. Jones (eds) (1977). Sunda and Sahul: Prehistorical studies in Southeast Asia, Melanesia and Australia. London: Academic Press. ISBN 0-12-051250-5.
- ↑ "Continent". Encyclopædia Britannica. 2006. Chicago: Encyclopædia Britannica, Inc.
- ↑ The New Oxford Dictionary of English. 2001. New York: Oxford University Press.
- ↑ Océano Un, Diccionario Enciclopédico e Atlas Mundial, "Continente", page 392, 1730. ISBN 84-494-0188-7
- ↑ Os Cinco Continentes, Planeta-De Agostini Editions, 1997. ISBN 84-395-6054-0
- ↑ Filewood, W. (1984). "The Torres connection: Zoogeography of New Guinea". Vertebrate zoogeography in Australasia. Carlisle, W.A.: Hesperian Press. pp. 1124–1125. ISBN 0-85905-036-X.
- ↑ Dawkins, Richard (2004). The ancestor’s tale: A pilgrimage to the dawn of evolution. Boston: Houghton Mifflin. pp. 224. ISBN 0-618-00583-8.
- ↑ James F. O’Connell & Jim Allen 2005-06, Pre-LGM Sahul (Pleistocene Australia-New Guinea) and the Archaeology of Early Modern Humans Arquivado 03 de novembro de 2013 en Wayback Machine.
- ↑ Roger C. Green, Near and Remote Oceania disestablishing "Melanesia" in Culture History, in Man and a Half, Essays on Pacific Anthroplogy and Ethnobiology, Ed. Andrew Pawley, Auckland (Australia), Polynesian Society, 1991, p. 491-502
- ↑ «On the North. The Southeastern limit of the Savu Sea (48o) the Southeastern coast of Timor and the Southern limit of the Banda Sea (48g).
On the East. The Western of the Arafura Sea (48h) [A line from Cape Don to Tanjong Aro Oesoe, the Southern point of Selaroe (Tanimbar Islands)].
On the South. The North coast of Australia from Cape Don to Cape Londonderry (13°47' S, 126°55' E).
On the West. A line from Cape Londonderry to the Southwest point of Roti Island (10°56' S, 122°48' E)».
International Hydrographic Organization (1953). Limits of Oceans and Seas (PDF) (Informe). Special Publication ; 23 (en inglés) (3º ed.). Consultado o 4 de setembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Khamsi, Kathryn (2005). "A Settlement to the Timor Sea Dispute?". Harvard Asia Quarterly 9 (1) 6-23.
- East Timor is protective of oil, gas industry