Sally Hawkins
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Sally Cecilia Hawkins 27 de abril de 1976 (48 anos) Dulwich, Reino Unido (en) |
Educación | Royal Academy of Dramatic Art - Actuación (–1998) James Allen's Girls' School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de teatro, guionista, actriz de cinema |
Período de actividade | 1998 - |
Familia | |
Nai | Jacqui Hawkins |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Sally Cecilia Hawkins, nada en Londres o 27 de abril de 1976 é unha actriz británica, coñecida polas súas interpretacións de Poppy en Happy-Go-Lucky, Susan en Vera Drake (2004), Sue Trinder na serie da BBC, Fingersmith (2005), Anne Elliot en Persuasion (2007) e Rita O'Grady en Made in Dagenham (2010).[1] Foi candidata ao Oscar polas súas actuacións en Blue Jasmine (2013) e The Shape of Water (2017), polo que recibiu varios premios e candidaturas.[2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hawkins naceu en Dulwich e creceu en Blackheath, filla de Jacquiline Hawkins (de solteira, Sinfield) e Colin Hawkins, autores e ilustradores de libros infantís.[4] Os seus pais teñen ascendencia católica irlandesa.[5] Ten un irmán chamado Finbar Hawkins, produtor cinematográfico.[6]
Comezou a súa carreira como actriz teatral en obras como Romeo e Xulieta, The Cherry Orchard, Much Ado About Nothing e outras.[7] Realizou tamén pequenas aparicións en series de televisión como Casualty and Doctors. Hawkins fixo a súa primeira interpreatción salientable no filme de Mike Leigh de 2002 , All or Nothing, como Samantha. Este foi o primeiro dos tres filmes que Hawkins e Leigh fixeron xuntos; o segundo foi Vera Drake (2004).[8]
Prestou tamén a súa voz a moitas series de como Concrete Cow. En 2007, interpretou a Anne Elliot no filme para televisión Persuasion, baseado na obra de Jane Austen, na que a súa interpretación foi ben recibida pola crítica. No mesmo ano fixo un papel secundario no filme Cassandra's Dream. Hawkins reuniuse con Leigh por terceira vez na comedia Happy-Go-Lucky, e a súa actuación recibiu a aclamación da crítica, incluíndo un Globo de Ouro á mellor actriz de comedia ou musical e o Oso de prata á mellor actriz.[9][10]
En 2013, Hawkins protagonizou xunto con Cate Blanchett o filme Blue Jasmine, de Woody Allen, logrando a súa primeira candidatura ao Oscar á mellor actriz secundaria, ademais de ao BAFTA e aos Globos de Ouro.[11][12]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sally Hawkins saves the day in Made in Dagenham". The First Post (en inglés). 1 de outubro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2011. Consultado o 13 de marzo de 2018.
- ↑ Hammond, Pete (2017-12-06). "Critics’ Choice Awards Nominations: ‘The Shape Of Water’ Leads With 14; Netflix Tops TV Contenders". Deadline (en inglés). Consultado o 7-12-2017.
- ↑ Hammond, Pete (16-12-2017). "SAG Awards Nominations: ‘The Shape Of Water’ Leads With 14; Netflix Tops TV Contenders". Deadline (en inglés). Consultado o 16-12-2017.
- ↑ Hoggard, Liz (10 de novembro de 2012). "Sally Hawkins: 'You only do good work when you're taking risks'". The Independent. Consultado o 24 de marzo de 2017.
- ↑ "Children's Books – Articles – Authorgraph No.116: Colin and Jacqui Hawkins | BfK No. 116". Booksforkeeps.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2017. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ Galloway, Stephen; Guider, Elizabeth (8 de decembro de 2008). "Oscar Roundtable: The Actresses". The Hollywood Reporter. Consultado o 3 de novembro de 2014.
- ↑ Ramin Setoodeh (16 de decembro de 2013). "Sally Hawkins on her secret 'Star Wars' role and "Blue Jasmine"". Variety. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ "Brit actress Sally Hawkins to visit Mill Valley film fest". Marinscope Community Newspapers. 1 de outubro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2014. Consultado o 9 de marzo de 2014.
- ↑ Silverman, Stephen (11 de dezembro de 2008). "Angelina Jolie, Brad Pitt Score Golden Globe Nods". People. Consultado o 11 de decembro de 2008.
- ↑ "Nominations & Winners". Golden Globes. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2008. Consultado o 12 de decembro de 2008.
- ↑ "Oscars 2014 Winners: The Complete List". The Hollywood Reporter. 2 de marzo de 2014. Consultado o 9 de marzo de 2014.
- ↑ "Golden Globes Nominations: The Full List". Variety. 11 de xaneiro de 2014. Consultado o 10 de marzo de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sally Hawkins |