Saltar ao contido

Sancha I de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sancha de León»)
Modelo:BiografíaSancha I de Galicia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(gl) Sancha Afonsez Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1018 Editar o valor en Wikidata
Morte7 de novembro de 1067 Editar o valor en Wikidata (48/49 anos)
León, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Santo Isidoro de León Editar o valor en Wikidata
Raíña de León
1037 – 1065
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónraíña rexente Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Outro
TítuloRaíña de Galicia Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía ástur-leonesa Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFernando I de León (1033 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosUrraca de Zamora, Sancho III, Elvira de Toro, Afonso VI de León, García II de Galicia Editar o valor en Wikidata
PaisAfonso V o Nobre Editar o valor en Wikidata  e Elvira Méndez Editar o valor en Wikidata
IrmánsVermudo III
Xemena de León e de Galiza Editar o valor en Wikidata
Sinatura

WikiTree: León-132

Sancha I de Galicia, nada en 1018 e finada en León o 7 de novembro de 1067, foi unha nobre medieval galega, raíña de Galicia desde o ano 1037.

Filla do rei de Galicia Afonso V[1] e da súa esposa, a raíña Elvira Méndez, foi infanta e raíña de toda a Galicia altomedieval,[2] converténdose o seu marido, o conde de Castela Fernando I,[3] en rei consorte pero con poder efectivo á morte de Vermudo III,[4] irmán da raíña Sancha, que perdeu a vida na batalla de Tamarón.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sancha era filla de Afonso V e da súa esposa Elvira Méndez, e irmá de Vermudo III. Criouse no mosteiro de Piadela[5][6] e foi a herdeira final dos dereitos ao trono do Reino de Galicia como filla do rei Afonso V e irmá de Vermudo III, dereitos que lles transmitiu aos seus fillos. O que sería o seu marido, Fernando I adquiriu o título de rei, tras casar con Sancha, se ben paradoxalmente Fernando fora un dos cabaleiros navarros que acabara coa vida do seu irmán, e rei, Vermudo III. Antes de casar co navarro Fernando I, estivo prometida con García Sánchez, conde de Castela. Cando ía coñecer a infanta, este foi asasinado pola familia Vea nas rúas de León o 13 de maio de 1028.

A Igrexa católica venéraa como beata. Xunto ao seu esposo ordenou a construción da Colexiata de Santo Isidoro, na cidade de León, onde se depositaron as reliquias do santo, que foran traídas desde Sevilla.Foi precisamente en San Isidoro onde Sancha e Fernando pediron ser sepultados, xunto coa súa descendencia. Traducido do latín, o epitafio na tumba da raíña Sancha di:

Aquí repousa Sancha, raíña de todas as Españas, esposa do rei Fernando o Grande. Filla do rei Afonso [V], que poboou León despois da destrución obrada por Almanzor. Morreu na Era de 1109, nas terceiras nonas de maio [5 de maio de 1071]

Libro de Horas de dona Sancha e don Fernando

[editar | editar a fonte]

A raíña Sancha mantivo, xunto do seu marido, unha importante actividade no patrocinio de obras artísticas. Unha das pezas máis coñecidas é o coñecido como Crucifixo de don Fernando e dona Sancha.[7]

Desde o punto de vista galego, ten moita relevancia o encargo por parte da raíña do Libro de Horas que coñecemos co seu nome e o do seu esposo.[8] Foi composto en 1055, segundo se sinala no propio texto. Tamén no texto figuran o nome do amanuense, Pedro, e do ilustrador, Frutuoso, que se encargaron de compoñelo. Nunha das escenas pódese ver á raíña pedíndolle ao amanuense que entregue o libro ao rei. Gardado na Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago, o libro é o máis antigo dos conservados na Galiza. Ademais disto, é importante porque supón unha das primeiras mostras da introdución do románico no país, seguindo, tanto a súa figuración como os temas tratados, modelos do románico francés.

Matrimonio e descendencia

[editar | editar a fonte]

Casou con Fernando I, fillo do rei navarro Sancho Garcés III de Pamplona e Muniadona. Desta unión naceron:

  1. Santos Coco, Francisco (ed.). Historia Silense (1921 ed.). p. 65. Sanciam filiam Adefonsi Galleciensis regis 
  2. Blanco Lozano, Pilar. Colección diplomática de Fernando I. Nº 25. Ipse confirmat omnia facta patris, ut benedictionibus est cum filiis et eggregia imperatrice uxori Santia erigatur, et semper in regno Gallicie eorum sobolis dominetur. 
  3. Blanco Lozano, Pilar. Colección diplomática de Fernando I. Nº 25. Hoc priuilegium est actum temporem regnante imperatori Fredelando in imperio Gallicie 
  4. Alfonso VI: Imperator totius orbis Hispanie. Sanz y Torres. 2011. p. 25. imperator domnus Veremudius in Gallecia 
  5. Del Castillo, Ángel (1918). "Reseña histórica dos monumentos y-obras d'arte qu'esistiron y-eisisten en Betanzos" (PDF). En Vales Villamarín, Francisco. 1918. Xogos froraes de Betanzos (en castelán). Betanzos: Imp. de Manuel Villuendas. pp. 27–48, en 32. 
  6. Carrillo Lista, María del Pilar (2005). Arte románico en el Golfo Ártabro y el oriente coruñés (PDF) (Tese) (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 32. 
  7. "Museo Arqueológico Nacional". Crucifijo de don Fernando y doña Sancha. Consultado o 29/06/2022. 
  8. "La oportunidad única de ver el Libro de Horas de Fernando I y Sancha". 7/06/2022. Consultado o 29/06/2022. 
  9. Menéndez Pidal, Gonzalo (2003). Varia medievalia (en castelán) 2. Real Academia de la Historia. p. 150. ISBN 84-95983-15-X. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Os reis e as raíñas da Galiza.
Fernando I e Sancha. Un período de progreso para o reino galego.
(Nós Diario, 10.10.2022)

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Sancha I de Galicia
Dinastía dos Ordóñez
Nacemento: 1018 Falecemento: 7 de novembro 1067


Títulos Reais
Precedido por
Vermudo III
Raíña de Galicia
1037–1065
Sucedido  por
Afonso VI
Sucedido  por
García II
Sucedido  por
Sancho III