Saltar ao contido

Sebastián, mártir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSebastián, mártir

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Sebastianus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 255 Editar o valor en Wikidata
Narbona, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xaneiro de 287 Editar o valor en Wikidata (31/32 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortePersecución de Diocleciano, flaxelación Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSan Sebastiano fuori le mura (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsoldado Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército romano Editar o valor en Wikidata
Rango militarTribuno militar Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa20 de xaneiro Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Granat
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Metropolitan Museum of Art Tagging Vocabulary (en) Traducir >>>:Saint Sebastian Editar o valor en Wikidata
  • Este artigo trata sobre o mártir e santo, para o nome de varón véxase Sebastián.
San Sebastián pintado por El Greco entre 1577 e 1578.

Sebastián, coñecido tamén como San Sebastián Mártir, nado en Narbona (Francia) no ano 256 e finado en Roma contra o ano 288, foi un mártir e santo cristián, que foi supostamente martirizado durante o mandato do emperador romano Diocleciano, perseguidor dos cristiáns. Adoita ser representado como un individuo amarrado a un poste e perforado por frechas.

As igrexas católicas celebran o seu día o 20 de xaneiro. A Igrexa Ortodoxa tamén loa este santo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
San Sebastián na igrexa de Santa María de Labrada, Guitiriz

Educouse en Milán. Cumpría coa disciplina militar, mais non participaba nos sacrificios pagáns por consideralos idolatría. Coma cristián, exercitaba o apostolado entre os seus compañeiros, visitando e alentando a outros cristiáns encarcerados por mor da súa relixión. Acabou por ser descuberto e denunciado ao emperador Maximiano (amigo de Diocleciano), quen o obrigou a escoller entre ser soldado ou seguir a Xesús Cristo.

O santo escolleu seguir a Cristo. Decepcionado, o emperador ameazouno de morte, porén Sebastián mantívose firme na súa fe. Enfurecido, condeouno a morrer asetado. Os soldados do emperador levarono ao estadio, espírono, atárono a un poste, e dispararon unha choiva de setas, dándoo por morto. Porén, os seus amigos achegáronse e, ao velo aínda con vida, levárono á casa dunha nobre cristiá romana chamada de Irene ou Erea, dona de Cástulo, que o mantivo agochado e curoulle as feridas até que quedou restablecido.

Os seus amigos aconsellárono de se ausentar de Roma, mais Sebastián negouse rotundamente. Presentouse perante o emperador, quen, desconcertado, dábao por morto, e reprochoulle enerxicamente a súa conduta por perseguir os cristiáns. Maximiano mandou que o apaleasen até morrer, e os soldados cumpriron desta vez sen erros a misión, botando o seu corpo na Cloaca Máxima de Roma. Os cristiáns recollérono e soterrárono na Vía Apia, na célebre catacumba que leva o nome do santo. Finou no ano 288.

O culto a San Sebastián é moi antigo e está moi estendido. Invócase contra a peste e contra os inimigos do cristianismo, é amais denominado como "o Apolo cristián" por ser un dos santos máis representados na arte.

A súa festividade celébrase o 20 de xaneiro, sempre vinculada á de san Fabián, na festividade dos Santos Mártires.

En Galicia véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Sebastián.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]