Serra Madre do Sur
(es) Sierra Madre del Sur | ||||
Tipo | cordilleira | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | México | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 3.703 m | |||
Dimensións | 1.000 () km | |||
Punto máis alto | Cerro Nube Flane (en) (3.720 m ) | |||
Superficie | 143.447 km² | |||
A Serra Madre do Sur, en castelán Sierra Madre del Sur, é unha cadea montañosa localizada no sur de México que se estende ao longo de 1200 km entre o sur de Xalisco e o Istmo de Tehuantepec, ao oriente de Oaxaca. Corre paralela á costa do océano Pacífico e ao Eixe Neovolcánico, do que é separada pola Depresión de El Balsas. O Eixe Neovolcánico e a Serra Madre do Sur enlázanse no norte de Oaxaca, no Escudo Mixteco. A súa altitude media é de 2000 msnm, sendo o punto máis alto o cerro Quie Yelaag que posúe unha altura de 3710 msnm, no sur de Oaxaca.
Polo occidente, esta serra empeza como Serra de El Alo nos municipios de Tecalitlán e Pihuamo en Xalisco, posteriormente atravesa Michoacán, onde se coñece como serra de Coalcomán. Despois de cruzar o río Balsas, entra en Guerrero polo oeste onde recibe o nome de Cumios de La Tentación. Atravesa todo Guerrero e nos seus límites con Oaxaca é coñecida como Serra de Coicoyán.
Esta serra é atravesada por numerosos ríos, os cales forman notables canóns, principalmente en Guerrero, onde as partes altas son coñecidas como filos. A cordilleira é notable pola súa alta biodiversidade e o seu gran número de especies endémicas. Posúe ademais importantes depósitos de metais como o ouro e a prata; así como de chumbo e ferro.