Saltar ao contido

Sheyla Gutiérrez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSheyla Gutiérrez

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1994 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Varea, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta
ciclismo de competición Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
2013-2015 Lointek
2016-2018 Cylance
2019- Movistar Team
Participou en
23 de xullo de 2023Tour de France feminino de 2023 (pt) Traducir
2023UCI WorldTour Feminino de 2023 (pt) Traducir (210ª)
20232023 in women's road cycling (en) Traducir (201ª)
24 de xullo de 20222022 Tour de France Femmes (en) Traducir (96ª)
2022Calendário UCI Feminino de 2022 (pt) Traducir (175ª)
2022UCI WorldTour Feminino de 2022 (pt) Traducir (132ª)
2021UCI WorldTour Feminino de 2021 (pt) Traducir (68ª)
2021Calendário UCI Feminino de 2021 (pt) Traducir (105ª)
2020Calendário UCI Feminino de 2020 (pt) Traducir (147ª)
2019Calendário UCI Feminino de 2019 (pt) Traducir (62ª)
2019UCI World Tour Feminino de 2019 (pt) Traducir (71ª)
2018Calendário UCI Feminino de 2018 (pt) Traducir (92ª)
2018UCI World Tour Feminino 2018 (pt) Traducir (78ª)
20172017 in women's road cycling (en) Traducir (37ª)
2017UCI WorldTour Feminino de 2017 (pt) Traducir (36ª)
20162016 in women's road cycling (en) Traducir (55ª)
2016UCI Women’s World Tour 2016 (44ª)
20152015 in women's road cycling (en) Traducir (68ª)
20142014 in women's road cycling (en) Traducir (243ª) Editar o valor en Wikidata

Twitter: sheyarcoiris Editar o valor en Wikidata

Sheyla Gutiérrez Ruiz, nada en Varea, Logroño o 1 de xaneiro de 1994, é unha ciclista profesional española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Debut profesional

[editar | editar a fonte]

Como ciclista xuvenil foi sexta no Campionato Mundial en Ruta 2011[1][2] e sétima no de 2012 da súa categoría.[3] Ademais, nesa categoría, foi campioa de España en 2012.

Debutou como profesional en 2013, no equipo vasco de categoría UCI Lointek.[4] Na súa primeira carreira profesional, a Volta a Costa Rica disputada en febreiro, logrou acabar en 15ª posición a 17 min 55 s da gañadora tras sufrir un desfalecemento na 4ª etapa[5] onde perdeu máis de 13 minutos;[6] ademais apareceu entre os primeiros postos das clasificacións secundarias desa carreira.[7]

Calendario nacional

[editar | editar a fonte]

En xuño de 2013 gañou o Campionato de España en Ruta sub-23 (ó ser sexta no Campionato en Ruta con só 19 anos), aínda que esta vitoria non se considera oficial ó non existir categoría sub-23 a efectos UCI nos campionatos nacionais.[8][9][10] Ademais, un mes despois, foi a gañadora da Copa de España, en categoría sub-23, trala carreira disputada en Villamediana de Iregua, proclamándose ademais subcampioa xeral de 2013.[11][12]

En 2014, comezou a destacar algo máis tarde esta vez a finais de maio cun 7º posto no Gran Premio de Plumelec-Morbihan Feminino. Pouco despois fíxose co terceiro lugar no Campionato de España en Ruta. Porén, non subiu ó podio de devandito campionato debido a que só se lle outorgou a medalla de ouro en categoría sub-23. Aínda que a medalla de bronce a recollese Leire Olaberria que quedou 4ª, a efectos UCI (que oficializa as clasificacións) Sheyla quedou 3ª a pesar de que non recollese dita medalla de bronce.[13][14][15] Pouco despois comezou a preparar a pista onde logrou a medalla de prata no Campionato de España Persecución.[16] Todo iso fixo que lograse debutar no seu primeiro Mundial na proba en ruta, en 2014, con só 20 anos aínda que apenas disputou unha volta xa que tivo que abandonar debido a un ataque de asma.[17][18]

A finais do 2014 e comezos do 2015, debido á súa boa actuación nos Campionatos de España de Pista, acudiu ás concentracións da Selección Española de devandita modalidade conseguindo finalmente praza para os o Campionato Mundial do 2015 na especialidade de Scrath.

Progresión internacional

[editar | editar a fonte]

Primeira vitoria internacional

[editar | editar a fonte]

Do mesmo xeito que no 2013 de novo acumulou bos postos en carreiras internacionais, todas elas en probas dun día, en marzo foi 6ª na Omloop van het Hageland (Tielt-Winge) e 7ª no Gran Premio Cholet-Pays de Loire (en marzo) e 6ª na Classique Morbihan e gañadora do Gran Premio de Plumelec-Morbihan (en maio). Esa vitoria foi un feito destacado a nivel nacional xa que foi a primeira vitoria internacional de categoría UCI que conseguía unha ciclista española trala obtida por Eneritz Iturriaga nunha etapa do Trophée d'Or Féminin 2008 e a primeira en toda a historia que gaña unha carreira internacional profesional dun día.[19][20][21]

Todo iso fixo que fose seleccionada para os Xogos Europeos aínda que con discretos resultados.[22] Días despois púidose desquitar conseguindo a 2º praza no Campionato de España Contra o reloxo, unha especialidade na que non destacara até a data, e na que até ela mesma se sorprendeu do seu resultado.[23] Pouco despois, coa Selección de España, logrou o 10º posto na Tour de Feminin-O cenu Ceskeho Svycarska[24] outro posto destacado para ela xa que até a data non obtivera ningún top-ten en carreiras por etapas, o máis cerca o 15º da Volta a Costa Rica do seu debut.[25]

Progresión na pista

[editar | editar a fonte]

O día seguinte de acabar a carreira por etapas checa, e sen preparación previa específica, viaxou a Atenas para disputar o Campionato Europeo de Pista sub-23 onde logrou o 5º posto na Persecución por Equipos, 6º na Persecución Individual e 4º no Scratch.[26][27][28][29][30]

UCI WorldTour Feminino

[editar | editar a fonte]

A súa progresión non pasou desapercibida para os mellores equipos do mundo e de face ó novo circuíto mundial creado en 2016, a UCI WorldTour Feminino, foi fichada polo equipo estadounidense do Cylance-Inspire (definitivamente chamado Cylance Prol Cycling) onde vai coincidir co director deportivo Manel Lacambra e corredoras prestixiosas como Shelley Olds, entre outras.[31]

En 2017, Sheyla gañou a clásica belga Le Samyn des Dames por diante da holandesa Amy Pieters e a australiana Tiffany Cromwell e ademais foi top-10 en gran parte das clásicas de principo de tempada.[32]

  1. Cqranking.com (ed.). "Sheyla Gutiérrez en 2011 segundo Cqranking.com". Consultado o 29 de xullo de 2019. 
  2. "Ciclismo femenino I: Entrevista con las juniors Sheyla Gutierrez y Lourdes Oyarbide". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 16 de novembro de 2013. 
  3. Cqranking.com (ed.). "Sheyla Gutiérrez en 2012 segundo Cqranking.com". Consultado o 29 de xullo de 2019. 
  4. Blanco Criado, Alfonso (2013) Entrevista a Sheyla Gutiérrez; Rueda Lenticular, 10 de xuño de 2013.
  5. GUTIERREZ RUIZ Sheyla-2013
  6. Vuelta Femenina a Costa Rica, Stage 4: Heredia - Grecia (84.1 km)
  7. Cilvinaite gana la Vuelta a Costa Rica (Clasificaciones COMPLETAS)
  8. Sheyla Gutiérrez, mellor sub-23 en Bembibre (O Pelotón)
  9. Sheyla Gutiérrez, campioa de España sub-23; Que!, 22 de xuño de 2013.
  10. Axencia EFE (2013) FEMININO Sheyla Gutiérrez, campioa de España sub-23; Hoxe. 22 de xuño de 2013.
  11. Sheyla Gutiérrez, campioa sub-23 da Copa Cofidis (O Pelotón)
  12. Axencia EFE (2013) COPA ESPAÑA (F) Belén López e Sheyla Gutiérrez confirman o seu dominio na Copa de España; Diario Vasco, 28 de xullo de 2013.
  13. Foto podium Campionato de España en Ruta Feminino
  14. Anna Ramírez, tricampioa de España
  15. "Results - Cycling - Road 2014-Women Elite Championnat National d'Espagne (ESP/CN)-28 Jun 2014 - Road race: Ponferrada - Ponferrada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 8 de xullo de 2014. 
  16. Sheyla, a guerreira de prata que soña con correr un Tour
  17. Sheyla Gutiérrez correrá a proba en liña do Mundial de Ponferrada
  18. El primero de muchos Mundiales para Sheyla Gutiérrez (en castelán).
  19. ciclismoafondo (ed.). "Sobresaliente victoria de Sheyla Gutiérrez en Plumelecfechaacceso=9 de xuño de 2015". 
  20. De Saint-Amand-Montrond a Plumelec
  21. E sete anos despois apareceu Sheyla Gutiérrez
  22. Web oficial de los Juegos Europeos 2015 (ed.). "Athletes-Sheyla Gutierrez Ruiz". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2015. Consultado o 23 de xullo de 2015. 
  23. Agencia EFE, ed. (26 de xuño de 2015). "Sheyla Gutiérrez, subcampeona nacional de contrarreloj y oro en sub-23". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2015. Consultado o 23 de xullo de 2015. 
  24. cqranking.com (ed.). "GUTIERREZ RUIZ Sheyla-2015". Consultado o 23 de xullo de 2015. 
  25. cqranking.com (ed.). "GUTIERREZ RUIZ Sheyla-All". Consultado o 23 de xullo de 2015. 
  26. Ruta e pista para Sheyla Gutiérrez
  27. Real Federación Española de Ciclismo, ed. (13 de xullo de 2015). "Atenas, foco de atención por el Europeo de pista sub23 y junior". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 23 de xullo de 2015. 
  28. Real Federación Española de Ciclismo, ed. (15 de xullo de 2015). "Mejor marca nacional para la cuarteta junior". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2016. Consultado o 23 de xullo de 2015. 
  29. Real Federación Española de Ciclismo, ed. (16 de xullo de 2015). "Sheyla Gutiérrez, sexta en la persecución". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2015. Consultado o 23 de xullo de 2015. 
  30. Real Federación Española de Ciclismo, ed. (18 de xullo de 2015). "Sheyla roza las medallas en scratch". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 23 de xullo de 2015. 
  31. Cylance, o equipo EEUU de Sheyla Gutiérrez
  32. GUTIERREZ RUIZ Sheyla-2017