Saltar ao contido

Speedy Gonzales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Speedy Gonzales, alcumado "o rato máis veloz de todo México", é un personaxe animado da serie Looney Tunes da Warner Brothers. As súas características máis importantes son a súa incríbel velocidade. Speedy Gonzales xeralmente usa un gran chapeu amarelo, roupa branca e un pano vermello atado no pescozo.

Speedy debutou na cusrtametraxe Cat-Tails for Two de 1953, dirixida por Robert McKimson.[1] Nesta primeira versión presentaba algunhas diferenzas estéticas, salientando un gran dente de ouro e vestindo só unha camisola vermella. Dous anos máis tarde, Friz Freleng e o animador Hawley Pratt, redeseñaron o personaxe até acadaren a súa aparencia actual, cun traxe branco, un pano encarnado e o seu chapeu amarelo. A nova versión debutou en Speedy Gonzales (1955). Nesta curta participa o gato Silvestre, que abusaba duns ratos. A animación gañou o Oscar á mellor curtametraxe animada en 1955, e foi ademais a primeira vez que Speedy dicía a súa célebre frase "Ándale! Ándale! Arriba! Arriba!".

Freleng e McKimson puxeron a Silvestre como o inimigo de Speedy, unha especie de "O Coiote e o Papaleguas". Silvestre vese constantemente humillado e derrotado polo rato, e sofre un gran número de accidentes con trallos de ratos ou mollo picante. Nalgúns capítulos Speedy está na compaña do seu curmán, O lento Rodrigues, "o rato máis lento de México". Aínda que lento comparado con Speedy, el se defendía cunha pistola e nunca necesitou da axuda de Speedy. Nos anos sesenta o inimigo de Speedy pasa a ser o Pato Lucas.

En 1999, coa creación da canle de televisión Cartoon Network, as curtametraxes de Speedy Gonzales deixaron de ser emitidas. Segundo a voceira Laurie Goldberg, isto debeuse aos "estereotipos étnicos" que mostraban.[2] A medida foi criticada polos fanáticos do personaxe, que trataron de convencer á canle de volver emitir as curtametraxes. A Liga de ciudadanos latinoamericanos unidos referiuse a Speedy coma unha "icona cultural". En 2002, Cartoon Network volveu a amosar os episodios onde aparecía o personaxe.[3]

Estados Unidos

[editar | editar a fonte]

Veces emitidas en Galiza (en español).

  1. "Cat-Tails For Two (1953)". The Big Cartoon Database (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2012. 
  2. "Speedy Gonzales Caged by Cartoon Network". FOX News (en inglés). 28 de marzo de 2002. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2012. Consultado o 28 de marzo de 2012. 
  3. "A Speedy Return". Milwaukee Journal Sentinel (en inglés). 21 de xuño de 2002. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2015. Consultado o 28 de marzo de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]